Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 20:12 - Biblia SEPT

12 O Señor díxolles a Moisés e a Aharón: —"Por non confiardes en min e non manifestardes así a miña santidade ós ollos dos israelitas, non seredes vós quen introduza esta comunidade na terra que eu lles vou dar".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 20:12
26 Iomraidhean Croise  

De madrugada puxéronse en marcha cara ó deserto de Tecoa. Cando saían, Ioxafat detívose e dixo: —"Xudeus e habitantes de Xerusalén, escoitádeme: confiade no Señor, voso Deus, e subsistiredes; confiade nos seus profetas, e venceredes".


Irritaron a Deus nas augas de Meribah e por eles pagounas Moisés:


Señor, noso Deus, ti escoitáchelos: fuches para eles o Deus que perdoa e que vinga os delitos.


A capital de Efraím é Samaría, e a cabeza de Samaría é o fillo de Remalías. Vós non credes. Pois non subsistiredes!"


O Señor dos Exércitos, El é o Conspirador, El será a causa do voso temor e do voso medo:


Coma do perfume que aplaca, sentireime compracido de vós, cando vos faga saír de entre os pobos e vos xunte traéndovos dos países onde estades esparexidos: entón mostrarei por medio voso a miña santidade á vista dos pagáns.


Pois vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome, profanado entre as nacións nas que vós o profanastes. Entón recoñecerán estas nacións que eu son o Señor —é o meu Señor, Iavé, quen fala—, cando eu vos faga recoñecer a miña santidade na súa presenza.


Así fala o meu Señor, Iavé: —Sucederá no día aquel, que se che subirán os proxectos á cabeza, e cismarás en matinacións de destrución.


Díxolle Moisés a Aharón: —"Isto tíñavolo ben advertido o Señor con estas verbas: Mostrarei a miña santidade nos que me están máis próximos, manifestarei a miña gloria diante dos ollos de todo o pobo". Aharón calou.


Se ti me tratas a min así, é mellor que me mates, tírame a vida, pídocho de favor, se atopei graza ós teus ollos, para que deste modo non vexa eu tanto mal".


"É preciso que Aharón se xunte cos do seu pobo, pois non debe entrar na terra que eu lles dei ós fillos de Israel, porque fostes rebeldes ás miñas ordes nas augas de Meribah.


porque ámbolos dous no deserto de Sin, na rebelión da comunidade, fostes rebeldes á miña orde de declararme santo ós seus ollos mediante a auga, a auga de Meribah, no deserto de Sin".


Respondeu Xesús: Xeración incrédula e perversa! Ata cando vos terei que soportar? Traédemo aquí!


El respondeulles: Pola vosa pouca fe. E asegúrovos que se tivésedes sequera unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a este monte: "vai de aquí para alá", e o monte había ir. E nada sería imposible para vós.


E fíxate ben: vas quedar mudo e non poderás falar ata o día no que aconteza todo isto, xa que non criches nas miñas palabras que se han cumprir no seu tempo.


Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che anunciaron de parte do Señor!


Pois a Lei deuse por medio de Moisés; a graza e a verdade realizáronse por Xesús Cristo.


Ante a promesa de Deus non dubidou por incredulidade, senón que se fortaleceu na fe, dando gloria a Deus,


Pola vosa culpa tamén se enfadou o Señor contra min e díxome: Tampouco ti non entrarás alí.


Entón díxolle o Señor: —"Este é o país que lles prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, dicíndolles: Heillo de dar á túa descendencia. Xa cho mostrei ós teus ollos, pero alí non podes cruzar".


O Señor enfadouse contra min pola vosa culpa, e xurou que eu non cruzaría o Xordán nin entraría nesa bendita terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar en herdanza.


—"O meu servo Moisés morreu; así que agora, érguete, e pasa o Xordán con todo este pobo, cara ó país que eu lles dou a eles, ós fillos de Israel.


O contrario para os vosos adentros adorade a Cristo coma Señor, estade sempre dispostos a responder a todo aquel que vos pida razón da esperanza que levades dentro.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan