Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 20:11 - Biblia SEPT

11 E Moisés levantou a man e bateu no penedo coa súa vara por dúas veces: e saíu auga abundante, e a comunidade bebeu, e o seu gando tamén.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 20:11
24 Iomraidhean Croise  

Por non estardes vós alí a primeira vez, Iavé, noso Deus, castigounos, porque non o fomos buscar como é debido".


Entón ordenou: —"A arca de Deus non debe ser transportada senón polos levitas, porque son os que Iavé escolleu para trasladala e para facer o seu servizo para sempre endexamais".


Fendeu unha pena e saíu auga, que corría polo deserto coma un río.


o que converte o penedo en estanque, a rocha en fonte de augas.


Ti abres fontes e regachos e secas ríos caudais.


Fendeu rochas no deserto e deulles de beber con abundancia;


da rocha sacou caudais, auga corrente coma ríos.


Se bateu a rocha e deitou auga, e reverteron os regachos, poderá tamén darnos pan e prover ó pobo de carne?".


Eu presentareime diante túa alá no Horeb, onda o penedo. Ti baterás o penedo, e sairá auga del para que o pobo beba". Moisés fíxoo así, á vista dos anciáns de Israel.


Ollade: eu estou facendo algo novo; xa agroma: non vos dades conta? Si, vou abrir un camiño no deserto, ríos na estepa.


e os que marchen polos sequeiros non terán sede: fará brotar para eles augas do penedo, fenderá un penedo e correrán augas.


Eu pastoreeite no deserto, na terra do sequeiro


Nadab e Abihú, fillos de Aharón, colleron cadanseu incensario, puxéronlle brasas, botáronlles incenso enriba, e presentaron diante do Señor un lume profano, que non lles fora mandado.


—"Colle a vara, e fai xuntar á comunidade, ti e Aharón, teu irmán; na presenza deles ordenarédeslle ó penedo que dea auga; farás manar para eles auga do penedo e daraslle de beber á comunidade e ó seu gando!"


ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo.


pois bebían da pedra espiritual que os acompañaba: e esa pedra era Cristo.


foi quen te fixo camiñar polo deserto grande e terrible, por culpa das serpentes de mordedura queimante, dos escorpións e da sequidade (pois non había auga); foi El quen fixo saír para ti auga da pedra de granito;


porque o anoxo do home non leva á conduta que Deus pide.


Entón Deus fendeu unha pía que había en Lehí e deitou auga dela. E bebeu, recuperou o seu ánimo, e xa alentou. Daquela púxolle de nome á fonte En—Hacoré (e existe en Lehí ata o día de hoxe).


Por que non obedeciches ó Señor? Por que retiveches os espolios, facendo o que desagrada ó Señor?"


Xaúl confesoulle a Samuel: —"Pequei, traspasando o mandado do Señor e tamén a túa palabra. Tiven medo do exército e consentín no que pedía.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan