Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 20:1 - Biblia SEPT

1 Os fillos de Israel, a comunidade enteira, chegaron ó deserto de Sin no primeiro mes, e o pobo acampou en Cadex. Alí morreu María e alí foi sepultada.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 20:1
23 Iomraidhean Croise  

Logo deron volta e chegaron a Ein-Mixpat que é Cadex, e arrasaron ós amalecitas en todo o seu territorio e ós amorreos que habitaban en Hasesón-Tamar.


Unha voz: "O Señor estarrece o deserto, estarrece o Señor o deserto de Cadex".


Pero os israelitas pasaron polo medio do mar a pé enxoito".


Unha irmá do neno axexaba desde lonxe, para ver que ía ser del.


A irmá do neno díxolle á filla do faraón: —"Queres que vaia buscar unha muller hebrea que o críe?"


Velaí o lado do Négueb, cara ó sur: desde Tamar ata o oasis de Meribah de Cadex, na dirección do río e ata o mar Mediterráneo: tal será o lado do sur, na dirección do Négueb.


Si, fíxente subir do país de Exipto, e rescateite da escravitude, e mandei á túa fronte a Moisés, a Aharón e a Miriam.


María e Aharón murmuraron de Moisés por causa da muller cuxita, coa que casara.


E a nube retirouse da Tenda, e coa mesma María apareceu cuberta de lepra, branca coma a neve. Aharón volveuse para María e viuna leprosa.


María foi, pois, recluída sete días fóra do campamento, e o pobo non partiu ata que María non foi chamada de novo.


Subiron, logo, e exploraron o país desde o deserto de Sin ata Rehob, camiño de Hamat.


Chegaron xunto a Moisés e Aharón e toda a comunidade dos fillos de Israel, no deserto de Parán, en Cadex, e déronlles conta a eles e a toda a asemblea mostrándolles os froitos do país.


pero nós queixámonos ó Señor. El escoitou o noso lamento, e enviou o seu anxo, que nos sacou de Exipto. Velaquí que xa chegamos a Cadex, cidade que está nos teus últimos límites.


Marcharon de Cadex os fillos de Israel, toda a comunidade, e chegaron ó monte de Hor.


Moisés fixo espir a Aharón dos seus vestidos e fíxollos vestir a Elazar, seu fillo. Morreu Aharón alí no cume do monte, e logo descenderon Moisés e mais Elazar do monte.


O nome da muller de Amram era Ioquébed, filla de Leví, que lle naceu a Leví en Exipto. Ela xerou a Amram, a Aharón, Moisés e mais a María, súa irmá.


porque ámbolos dous no deserto de Sin, na rebelión da comunidade, fostes rebeldes á miña orde de declararme santo ós seus ollos mediante a auga, a auga de Meribah, no deserto de Sin".


Partiron de Esion-Guéber e acamparon no deserto de Sin, isto é, Cadex.


por isto seguistes vivindo en Cadex tanto tempo como alí levabades vivindo.


Trinta e oito anos foi o tempo que nos levou atravesar desde Cadex Barnea ata que pasamos o regato Zéred e ata que desapareceu do campamento toda aquela xeración de homes de guerra, tal como o Señor llelo xurara.


Por me serdes infieis a min ante os fillos de Israel, nas augas de Meribah de Cadex, no deserto de Sin, por non recoñecer a miña santidade, ante os fillos de Israel,


senón que, ó subir de Exipto, estivo Israel polo deserto, ata o Mar Rubio, e chegou a Cadex.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan