34 E facían os israelitas canto lle mandara o Señor a Moisés, sexa cando acampaban arredor da súa insignia, sexa cando se puñan en camiño, cada un coa súa familia e casa patriarcal.
Non sufrirei decepción, se me fixo nos teus ditados.
Os israelitas fixeron o traballo como o Señor lle ordenara a Moisés.
conforme o tiña mandado Iavé a Moisés. Fixo o censo no deserto do Sinaí.
Os fillos de Israel erguerán as súas tendas, cada un no propio campamento, onda a correspondente bandeira.
Os fillos de Israel cumpriron todas estas cousas, facéndoas conforme lle tiña ordenado o Señor a Moisés.
Os fillos de Israel partiron do deserto de Sinaí por etapas, e a Nube detívose no deserto de Parán.
Esta foi a orde das marchas dos fillos de Israel, repartidos nos seus escuadróns, cando partían.
—"Que cada un acampe baixo a súa insignia e estandarte propio da súa familia patriarcal, arredor da Tenda da Alianza.
Os levitas non foron censados cos demais israelitas, porque así llo mandara o Señor a Moisés.
Non se viu culpa en Xacob, nin se viu maldade en Israel. O Señor, o seu Deus, está con el, nel é aclamado coma rei.
Levantou os ollos e viu a Israel acampado por tribos, e o espírito do Señor descendeu sobre el.
Estes son os descendentes de Moisés e Aharón, no día en que lle falou o Señor a Moisés no monte Sinaí.
Ambos eran xustos ante Deus, pois gardaban sen fallas os seus mandamentos e preceptos.