Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 2:2 - Biblia SEPT

2 —"Que cada un acampe baixo a súa insignia e estandarte propio da súa familia patriarcal, arredor da Tenda da Alianza.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 2:2
23 Iomraidhean Croise  

Os teus adversarios roxen no lugar das asembleas e levantan alí os estandartes.


A carraxe humana proclama a túa gloria e os salvados da túa ira serán a túa coroa.


Clamade con gozo e ledicia, habitantes de Sión: Que grande é no medio de ti o Santo de Israel".


Todos os habitantes do orbe e os que vivides na terra, ó levantaren a bandeira nos montes, tende medo, e, ó soaren o corno, escoitade.


e díxome: —Fillo de Adam, aquí tes o lugar do meu trono, velaquí o sitio do estrado dos meus pés, onde eu habitarei entre os fillos de Israel para sempre. Xa non volverán profanar o meu santo Nome nin a Casa de Israel nin os seus reis, coas súas fornicacións e cos cadáveres dos seus reis, e mais cos seus sepulcros.


O día aquel o Señor, o seu Deus, salvaraos, porque eles son o rabaño do seu pobo, porque as pedras da súa diadema relocen sobre a terra.


Débeslles confiar a eles o coidado da Morada do Testemuño e de todos os seus vasos sagrados e de canto pertence ás cerimonias. Soamente eles os poderán transportar e soamente eles os poderán manexar e meter na Tenda da Alianza. Acamparán arredor do tabernáculo.


Partiu a primeira a insignia do campamento dos fillos de Xudá, conforme os seus escuadróns, e como xefe da tropa ía Nahxón, fillo de Aminadab.


Logo saíu a insignia do campamento de Rubén, segundo os seus escuadróns, e coma xefe da tropa ía Elisur, fillo de Xedeur.


Despois partiu a insignia do campamento dos fillos de Efraím, segundo os seus escuadróns, e coma xefe da tropa ía Elixamá, fillo de Amihud.


Logo a insignia do campamento dos fillos de Dan, segundo os seus escuadróns. Saíu a derradeira, pechando todos os campamentos, e coma xefe da tropa ía Ahiézer, fillo de Amixadai.


Díxolle o Señor a Moisés:


Para a parte do mediodía poranse as insignias da tribo de Rubén en orde de batalla. O xefe dos soldados de Rubén é Elisur, fillo de Xedeur;


Os acampados pola parte do oriente, baixo o seu estandarte de guerra no campamento, serán os soldados de Xudá, que levan á fronte do seu batallón a Nahxón, fillo de Aminadab.


Levantou os ollos e viu a Israel acampado por tribos, e o espírito do Señor descendeu sobre el.


porque Deus non é Deus de desorde, senón de paz. Coma en todas as igrexas dos santos,


Pero que todo se faga con dignidade e con orde.


Unha cousa só: mirade de vos comportar conforme ó Evanxeo de Cristo, para que, tanto que vos vaia ver coma que quede lonxe, eu sinta falar de que vos mantedes firmes nun mesmo espírito e que, todos de acordo, loitades xuntos pola fe do Evanxeo,


ese despréndese da cabeza que polas xuntas e tendóns alimenta e cohesiona o corpo enteiro, facéndoo coma Deus quere.


para coñecer o camiño que seguiredes, pois non o pasastes nunca antes; mais habédesvos de afastar do Señor arredor de mil metros: non vos acheguedes máis".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan