Fillos de Rubén, primoxénito de Israel. Era o primoxénito, pero por manchar o leito de seu pai, o dereito de primoxenitura foilles dado ós fillos de Xosé, fillo de Israel, e non foi rexistrado como primoxénito.
E cando toquedes con estrondo por segunda vez, deberán levantar o campamento os do mediodía; tocarase, pois, o toque estrondoso para se poren en marcha aqueles.
e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi toda a ofrenda de Elisur, fillo de Xedeur.