E todo aquilo no que caia o cadáver dalgún deles, será impuro. O mesmo que sexa un obxecto de pau coma de tecido, de coiro ou de esparto. En resume, calquera obxecto que sirva para algo, terá que ser metido na auga e quedará impuro ata a tarde. Despois será puro.
O que coma dese cadáver, terá que lavar o seu vestido e quedará impuro ata a tarde; o que leve ó lombo o cadáver, terá que lavar o seu vestido, e quedará impuro ata a tarde.
Logo o que recolleu as cinsas da vaca, lavará os seus vestidos e quedará impuro ata a tarde. Esta será a lei perpetua tanto para os fillos de Israel como para o forasteiro que mora no medio deles.
O home puro asperxerá o inmundo no terceiro dia e no día sétimo; no sétimo día darao purificado, e entón lavará os seus vestidos e bañarase en auga, e á tarde quedará puro.
Esta será unha lei perpetua para eles. O que asperxeu auga lustral, terá que lavar os seus vestidos; e o que foi tocado coa auga lustral será impuro ata a tarde.
Porque o mesmo que se queiman fóra do campamento os cadáveres dos animais dos que os sacerdotes levan o sangue dentro do Santuario para faceren a expiación polos pecados,