O xovenco e mais o chibo do sacrificio expiatorio, dos que se introducira o sangue no santuario, para a expiación, serán levados fóra do campamento e queimaranse no lume o coiro, carne e excrementos.
todo o resto do becerro será levado fóra do campamento a un lugar puro, onde se botan as cinsas: alí será queimado enriba da leña. O becerro será queimado no mesmo lugar onde se botan as cinsas.
Un home puro recollerá as cinsas da vaca e depositaraas fóra do campamento, en lugar puro, onde se gardarán para a comunidade dos fillos de Israel, a fin de facer auga lustral. É un sacrificio polo pecado.
Mortos Nadab e Abihú na presenza do Señor, por prenderen un lume profano diante del no deserto do Sinaí, e non deixando fillos, quedaron só Elazar e Itamar para exercer o sacerdocio baixo a autoridade do seu pai Aharón.