Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 19:2 - Biblia SEPT

2 —"Esta é a lei que preceptuou o Señor: Dilles ós fillos de Israel que collan para ti unha vaca vermella sen defecto, que non teña defecto ningún e que aínda nunca foi xunguida.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 19:2
21 Iomraidhean Croise  

O año será sen defecto, macho e dun ano. Pode ser o mesmo un año coma un cabrito.


Agora vinde acá, e razoemos xuntos —di o Señor: Aínda que os vosos pecados fosen coma o granate, coma a neve branquexarán; aínda que fosen vermellos coma o carmesí, coma lá se volverán.


(Nun) Xa está formado o xugo que as miñas rebeldías consolidaron na súa man. O seu xugo está sobre o meu pescozo, fai tropezar as miñas forzas. O Señor sométeme ó xugo, non aguanto de pé.


Se a súa oblación fose de gando miúdo, isto é, de ovella ou de cabra, para holocausto, só poderá presentar un macho sen chata.


Se a súa oblación fose holocausto de boi, deberá ser macho sen chata. Presentarao á porta da Tenda do Encontro e ofrecerao para que sexa aceptable na presenza do Señor,


collerá logo a ave viva, o pau de cedro, a lá escarlata e o hisopo, xunto coa ave e mergullaraos co sangue da ave sangrada sobre a auga corrente.


Díxolles o Señor a Moisés e Aharón:


O sacerdote collerá leña de cedro, hisopo e púrpura escarlata, e botaraos no medio da fogueira da vaca.


O sacerdote Elazar díxolles ós homes da milicia que foran ó combate: —"Este é o precepto legal que o Señor ordenou a Moisés:


O anxo replicoulle: O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus.


Verán cal é a cidade máis próxima ao apuñalado e os anciáns desa cidade collerán unha xovenca coa que non se traballou nin se puxo ao xugo;


Pois era xustamente deste xeito o sacerdote que nós precisabamos: santo, sen ruindade e sen pecado, separado dos pecadores e levantado a unha gloria máis alta có mesmo ceo.


soamente teñen poder de purificar en relación con certas comidas, bebidas e diferentes lavatorios: todas elas normas exteriores impostas ata o momento da reforma.


senón que vos rescataron co precioso sangue de Cristo, Año sen defecto nin tacha.


El, que non fixo pecado, nin engano se atopou na súa boca,


e de parte de Xesús Cristo, a testemuña que merece fe, o primeiro en renacer da morte e soberano dos reis da terra. A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados co seu sangue


Agora facede un carro novo, collede dúas vacas que estean criando e que non foran nunca xunguidas e poñédeas ó carro, deixando os seus becerriños pechados no cortello.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan