Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 19:16 - Biblia SEPT

16 Calquera que no campo toque unha vítima da espada, ou un morto, ou ósos de home, ou unha tumba, será impuro sete días.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 19:16
12 Iomraidhean Croise  

Apartade, apartade, saíde de aí, non toquedes cousa impura. Saíde do medio dela, mantédevos limpos, os que levades os vasos do Señor.


Despois de purificarse este tal, contaránselle sete días,


Díxolle o Señor a Moisés: —"Fálalles ós sacerdotes, fillos de Aharón e dilles: Que ninguén se contamine co cadáver dun conveciño,


O que toque o cadáver de calquera ser humano, quedará impuro por sete días.


E todo vaso descuberto que non teña a tapa ben atada, será impuro.


E vós quedade fóra do campamento durante sete días. Todos os que matastes unha persoa e cantos tocastes un cadáver, purificarédesvos no terceiro e sétimo día, tanto vós coma os vosos prisioneiros.


—"Manda ós fillos de Israel que boten fóra do campamento a todo leproso, a todo o que padece gonorrea e a todo o contaminado por un cadáver.


En todo o tempo da súa consagración ó Señor como nazireo non poderá tocar o cadáver de ningún morto.


E sucedeu que algúns homes estaban impuros porque se achegaron a un cadáver e non puideron celebrar a Pascua aquel día. Foron entón aquel mesmo día onda Moisés e Aharón, e dixéronlles:


Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que vos parecedes ós sepulcros encalados, que por fóra parecen fermosos e por dentro están cheos de ósos de mortos e de impureza!


Ai de vós, que sodes coma sepulcros que non se ven, e que a xente pisa sen se decatar!


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan