Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 19:12 - Biblia SEPT

12 Terase que lavar con aquela auga o día terceiro e no sétimo día, e quedará puro. Mais se non se lava no día terceiro e no dia sétimo, non quedará puro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 19:12
12 Iomraidhean Croise  

Si, eu nacín no pecado, no mal concibiume miña nai;


e que estean preparados para de aquí a tres días, pois no terceiro día baixará o Señor sobre o monte Sinaí, á vista de todo o pobo.


Despois díxolles: —"Estade preparados para o terceiro día, e que ningún home se achegue á súa muller".


Asperxerei sobre vós auga purificadora e quedaredes puros; de todas as vosas impurezas e de todas as vosas idolatrías heivos purificar.


faranos revivir despois de dous días, ó terceiro día restableceranos, e viviremos felices na súa presenza.


Hisopará sete veces ó que se quere purificar da lepra, e despois de o purificar, deixará voar ceibe o paxaro vivo polo aire do campo.


O resto da carne da vítima queimarase no lume ó terceiro día.


E vós quedade fóra do campamento durante sete días. Todos os que matastes unha persoa e cantos tocastes un cadáver, purificarédesvos no terceiro e sétimo día, tanto vós coma os vosos prisioneiros.


Non fixo ningunha discriminación entre eles e nós, pois purificou o seu corazón pola fe.


Eu respondinlle: "Meu Señor, ti xa o sabes". E díxome: "Estes son os que veñen de pasar as súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branqueáronos co sangue do Año.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan