Ninguén da liñaxe de Aharón, afectado de lepra ou de gonorrea, poderá comer no santuario, namentres non se purifique; nin tampouco quen tocou o cadáver dun animal calquera ou tiver polución,
Se alguén, sen se decatar, toca algo impuro, coma o cadáver dunha fera impura, ou o dun animal impuro, ou o dun réptil impuro, cando se decate diso, faise impuro e culpable.
Logo Axeo díxolles: "Se unha persoa, impura por tocar un cadáver, toca calquera destas cousas, vólveas impuras?" Respondéronlle os sacerdotes: "Vólveas impuras".
E vós quedade fóra do campamento durante sete días. Todos os que matastes unha persoa e cantos tocastes un cadáver, purificarédesvos no terceiro e sétimo día, tanto vós coma os vosos prisioneiros.
—"Dilles ós fillos de Israel: Se algún de vós ou dos vosos descendentes se encontra impuro por un cadáver ou está de viaxe lonxe de vós, poderá celebrar a Pascua en honor do Señor;
E sucedeu que algúns homes estaban impuros porque se achegaron a un cadáver e non puideron celebrar a Pascua aquel día. Foron entón aquel mesmo día onda Moisés e Aharón, e dixéronlles:
Entón Paulo, para o outro día, levou consigo aqueles catro homes, purificouse xunto con eles e entrou no templo para avisar cando acababan os días da purificación e tocaba presentar a ofrenda por cada un deles.
Isto enténdese cun exemplo: o pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo pecado entrou a morte, a morte pasou a todos os homes e, en consecuencia, todos quedaron incursos no pecado.
moito máis o sangue de Cristo (que movido polo Espírito que animou toda a súa vida, se ofreceu a si mesmo a Deus, coma vítima sen mancha) limpará a nosa conciencia das obras de morte, para así servirmos o Deus vivo.