Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:9 - Biblia SEPT

9 Isto é o que che tocará a ti das cousas máis sagradas, fóra do que é queimado no lume: todas as ofrendas que me presenten nas súas diversas oblacións, nos seus sacrificios polo pecado e sacrificios polo delito: como cousa santísima, corresponderanche a ti e a teus fillos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:9
24 Iomraidhean Croise  

O diñeiro dos sacrificios penitenciais e o dos sacrificios polo pecado non se entregaba para o templo: era para os sacerdotes.


Da mesma maneira, deben levarse as primicias dos nosos eidos, as de todos os froitos de toda árbore, cada ano, para a casa do Señor,


Entón díxome: —As habitacións do norte e mais as habitacións do mediodía que están nas fachadas do adro son as habitacións do templo, onde os sacerdotes que se chegan xunto ó Señor comen comidas santísimas. É alí onde se poñen as cousas santísimas, as ofrendas, as vítimas dos sacrificios polos pecados e mais as vítimas para sacrificios de reparación; ben certo que o lugar é santo.


Eles comerán da ofrenda e das vítimas dos sacrificios polo pecado e das vítimas dos sacrificios de expiación; e todo o que se consagra ó Señor en Israel será para eles.


"Por que non comestes a oblación expiatoria no lugar sagrado, pois é cousa sacrosanta, que vos dei eu para que arrincásedes a culpa da comunidade, expiando por ela diante do Señor?


Sacrificará o año no lugar en que se adoita facer a expiación e mais o holocausto, isto é, no lugar sagrado, porque tanto o sacrificio de purificación coma o de expiación, son cousas santísimas, e pertencen ó sacerdote.


O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto para o Señor.


Se o sacerdote, con todo, adquire polo seu diñeiro unha persoa, ela poderá comer con el, e todos os que nazan na súa casa, poderán comer do seu alimento.


A posta do sol será puro de novo e poderá comer das cousas sagradas, pois elas son o seu alimento.


Se o que peca é un xefe, facendo algo sen se decatar de que Iavé, o seu Deus, o privou de facer,


Se o que peca é un calquera do pobo, facendo, sen decatarse, algo que o Señor privou de facer,


Se unha persoa peca porque, citado con xuramento como testemuña de vista ou de oído, non declarou, cargará coa súa culpa.


e, como expiación por tal pecado, presentará diante do Señor unha vítima de gando miúdo, femia de ovella ou cabra, e o sacerdote fará con ela a expiación polo delito.


Faloulle o Señor a Moisés:


O sacerdote oferente será o que a coma no lugar sagrado, no limiar da Tenda do Encontro.


Este é o regulamento do sacrificio de reparación polo delito. É unha cousa sacrosanta.


Poderana comer soamente os varóns, sacerdotes, no lugar sagrado. É unha cousa sacrosanta.


A mesma lei para o sacrificio de expiación será para o da reparación. A vítima pertencerá ó sacerdote que fai a expiación.


Comerédelas en lugar santísimo; todo varón as poderá comer; será cousa santa para ti.


Os sacerdotes levitas, toda a tribo de Leví, non terán parte nin herdanza con Israel; comerán as ofrendas feitas en honor do Señor, isto é, a parte que é do Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan