Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:8 - Biblia SEPT

8 E díxolle o Señor a Aharón: —"Son eu quen poño á túa disposición todas as ofrendas que me pertencen; e todas as cousas consagradas polos fillos de Israel, douchas a ti e a teus fillos por dereito perpetuo, e serán santas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:8
32 Iomraidhean Croise  

Non se pedían contas ós homes ós que se encomendaba o diñeiro para pagar os capataces, pois eran xente de fiar.


Os habitantes de Xerusalén ordenoulles axudar economicamente ós sacerdotes e levitas para que se puidesen dedicar á Lei do Señor.


Cando se espallou a orde, os israelitas recolleron as primicias do trigo, do mosto, do aceite, do mel e de todos os produtos agrícolas e entregaron abundantes décimos de todo.


Aharón e os seus fillos levaranos cando entren na Tenda do Encontro e cando se acerquen ó altar para o servizo do santuario, para que non cometan falta, e morran. Esta será lei perpetua para Aharón e para seus fillos.


Tomarás do sangue que hai enriba do altar e do óleo da unción, e asperxerás a Aharón e os seus vestidos, e ós fillos de Aharón e os seus vestidos. Dese xeito, tanto eles coma os seus vestidos quedarán consagrados.


Esta será, por lei perpetua, a ración de Aharón e dos seus fillos, de parte dos israelitas. É a ofrenda que os israelitas ofreceron ó Señor en sacrificio de comuñón.


As vestimentas sacras de Aharón herdaranas seus fillos, para cando eles sexan unxidos e reciban a investidura.


Vestiraslle as vestiduras sacras a Aharón, unxiralo e consagraralo para o meu servizo.


Unxiralos, como fixeras con seu pai, para o meu sacerdocio, e a unción conferiralles un sacerdocio perpetuo polas xeracións".


Sucederá no día aquel que retirará a súa carga do teu ombreiro, e o seu xugo de enriba da túa cerviz: romperá o xugo pola presenza do seu Nome.


O sumo sacerdote, escolleito de entre os seus irmáns, a quen se lle verteu sobre a cabeza o óleo da unción e se lle deu o poder para vestir os ornamentos sagrados, non desenguedellará os cabelos da cabeza nin rachará os seus vestidos.


O sacerdote abalaraos ritualmente xunto co pan das primicias, como oblación diante do Señor, ademais dos dous años; serán consagrados á honra do Señor e serán para o sacerdote.


A oblación do sacerdote será toda queimada, non se comerá ren dela".


—"Dilles a Aharón e a seus fillos: Esta é a lei da oblación polo pecado: No mesmo lugar no que se sacrifica a vítima do holocausto, terá que ser sacrificada a vítima polo pecado diante do Señor: é unha cousa sacrosanta.


Calquera que toque a carne da vítima quedará consagrado, e toda a roupa de calquera que sexa manchada co seu sangue, terá que ser lavada no lugar sagrado.


Unha porción de cada un de todos os sacrificios ofrecidos ó Señor será para o sacerdote, quen asperxeu con sangue da vítima de comuñón.


Díxolle o Señor a Moisés:


Poderana comer soamente os varóns, sacerdotes, no lugar sagrado. É unha cousa sacrosanta.


Moisés colleu do aceite da unción e do sangue pousado enriba do altar e asperxeu con el a Aharón e as súas roupas, ós seus fillos e as súas roupas, e consagrou a Aharón e os seus vestidos, xunto cos seus fillos e as súas roupas.


Isto é o que che tocará a ti das cousas máis sagradas, fóra do que é queimado no lume: todas as ofrendas que me presenten nas súas diversas oblacións, nos seus sacrificios polo pecado e sacrificios polo delito: como cousa santísima, corresponderanche a ti e a teus fillos.


A ofrenda de toda clase de cousas que ofrezan os fillos de Israel ó sacerdote, pertenceralle a este.


Non sabedes que os que celebran o culto viven do templo, e que os que serven no altar teñen parte nel?


Entón a aquel santuario que escolla o Señor, o voso Deus, para pór nel o seu Nome, levaredes todo o que eu vos mande: os vosos holocaustos e os vosos sacrificios, os vosos décimos e as ofrendas voluntarias da vosa man, e todo o mellor das vosas promesas, que lle fagades ao Señor.


para presentardes alí os vosos holocaustos e os vosos sacrificios, os vosos décimos e as ofrendas voluntarias das vosas mans, os vosos sacrificios ofrecidos en promesa e as vosas ofrendas espontáneas, e os primoxénitos do voso gando e dos vosos rabaños.


Os sacerdotes levitas, toda a tribo de Leví, non terán parte nin herdanza con Israel; comerán as ofrendas feitas en honor do Señor, isto é, a parte que é do Señor.


entón dirás na presenza do Señor, o teu Deus: Xa retirei da miña casa o que tiña que consagrar e xa llelo dei ao levita, ao emigrante, ao orfo e mais á viúva, todo conforme o mandamento que ti me mandaches; non quebrantei o teu precepto nin o esquecín.


Amaches a xustiza e aborreciches a iniquidade; por iso Deus, o teu Deus, preferiute ós teus compañeiros, unxíndote con perfumes de festa".


Vós, en troques, recibistes do Santo unha unción e todos vós tedes o coñecemento.


Ademais, vós conservades dentro a unción que recibistes de Cristo e deste xeito non precisades que ninguén vos faga de mestre; porque a unción de Cristo que é unha realidade e non unha ilusión xa vos ensina todo. Permanecede nel como ela vos ensinou.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan