Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:6 - Biblia SEPT

6 De feito fun eu quen escollín os fillos de Leví, vosos irmáns, do medio dos fillos de Israel e volos entreguei como oblación ó Señor, para faceren o servizo da Tenda do Encontro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:6
14 Iomraidhean Croise  

Eu vou mandar un diluvio —as augas— sobre a terra, para acabar coa vida toda de debaixo do ceo: perecerá canto hai na terra.


—"Vou establecer a miña alianza convosco e cos vosos descendentes,


Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros.


Ves tamén que lle dei por axudante a Oholiab, fillo de Ahisamac, da tribo de Dan. A todos os homes capaces deilles habilidade, para que poidan facer todo canto che mandei:


Eu fixen vir a aquel a quen chamei e lle falei, terá éxito nos seus plans.


Eu, eu son quen te consola. De que terás medo ti? Dos homes? —Morrerán. Do fillo do home? —Non é máis ca herba.


Pois así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí, eu en persoa virei seguirlles as pisadas ás miñas reses e buscalas.


Por iso, así lles fala o meu Señor, Iavé: —Velaí, eu mesmo en persoa vou ditar sentencia entre as reses gordas e as reses fracas.


—"Velaí que eu escollín de entre os fillos de Israel os levitas no lugar de todos os primoxénitos, de todos os que abren o seo materno, entre os fillos de Israel. Os levitas serán da miña pertenza,


porque todo primoxénito é meu, desde o día en que ferín a todos os primoxénitos na terra de Exipto e consagrei para min todo primoxénito de Israel, tanto dos homes como dos animais. Serán meus. Eu son o Señor".


—"Colle os levitas no canto de todos os primoxénitos dos fillos de Israel, e os animais dos levitas no canto dos animais dos israelitas: serán todos para min. Eu son o Señor!


—"Manda viren os da tribo de Leví á presenza de Aharón, para que o axuden no seu servizo.


Porás os levitas baixo as ordes de Aharón e de seus fillos, e serán como unha oblación perfecta de entre os fillos de Israel para o seu servizo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan