Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:5 - Biblia SEPT

5 Soamente vós atenderedes o servizo do Santuario e o servizo do altar, para que a cólera non se levante máis sobre os fillos de Israel.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:5
25 Iomraidhean Croise  

Estes son os fillos de Leví segundo as familias dos seus pais, cabeza das casas paternas, segundo o censo feito contando por cabezas. Estaban dedicados ó ministerio do templo de Iavé desde os vinte anos cumpridos,


Facían a garda da Tenda do Encontro ás ordes dos fillos de Aharón, seus irmáns, no servizo do templo do Señor.


Fíxose a distribución por sorte, uns cos outros, e foron xefes do santuario de Deus tanto os fillos de Elazar coma os fillos de Itamar.


Xalum, fillo de Coré, fillo de Abiasaf, fillo de Córah, e seus irmáns. Os coreítas tiñan ó seu cargo a garda da entrada da Tenda, seus pais fixeran a garda na entrada do campamento de Iavé.


Eles e os seus fillos gardaban as portas do templo da Tenda.


Os cantores, xefes de familia dos levitas, que moraban nas cámaras, sen outra función ningunha, porque día e noite estaban na súa.


Aharón e os seus fillos colocarana na Tenda do Encontro, por fóra do veo que tapa o testemuño, para que brille diante do Señor, desde a noite á mañá. Esta é lei perpetua para todas as xeracións de Israel.


Por iso, así lles fala o Señor dos Exércitos ós profetas: —Vouvos dar asente para comer, e bágoas para beber, porque dos profetas de Xerusalén é de onde sae a irrelixiosidade para todo o país.


Os sacerdotes levíticos, fillos de Sadoc, que respectaron os preceptos cúlticos do meu santuario, cando os fillos de Israel se afastaban lonxe de min, só eles se achegarán a min para me dar culto, e estarán de pé diante de min para me ofrecer graxa e mais sangue —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


Só eles entrarán no meu santuario e só eles se arrimarán á miña mesa para me daren culto, e observarán os meus preceptos cúlticos.


Díxolles Moisés a Aharón, a Elazar e a Itamar, seus fillos: —"Non despeiteedes os vosos cabelos nin rachedes os vosos vestidos, pois non morreredes nin se acenderá a ira do Señor contra a comunidade. Os vosos irmáns e toda a casa de Israel chorarán por causa do incendio que xurdiu diante do Señor.


Aharón colocarao pola banda de fóra do veo da Tenda do testemuño, e arderá decote desde a tarde ata a mañá diante do Señor. É lei perpetua para todas as vosas xeracións.


A miña ira incéndiase contra os pastores, e pediralles contas ós carneiros-guías. Si, o Señor dos Exércitos visitará o seu rabaño, a casa de Xudá, e converterao no seu cabalo esplendoroso de guerra.


Débeslles confiar a eles o coidado da Morada do Testemuño e de todos os seus vasos sagrados e de canto pertence ás cerimonias. Soamente eles os poderán transportar e soamente eles os poderán manexar e meter na Tenda da Alianza. Acamparán arredor do tabernáculo.


Pero os levitas acamparán arredor do Tabernáculo do Testemuño, de tal xeito que os fillos de Israel non caian no castigo de Deus. Soamente a eles lles corresponde gardar o Tabernáculo do Testemuño".


Soamente eles estarán contigo no servizo da Tenda do Encontro, para todo o servizo da Tenda; ningún estraño se acercará a vós.


—"Non deixedes desaparecer as familias de Quehat do medio dos demais levitas.


e, tirándoos do medio do pobo, entreguéillelos a Aharón e a seus fillos, para que me sirvan polos fillos de Israel na Tenda do Encontro e para que ofrezan expiación polos fillos de Israel, de sorte que non veña ningunha praga entre os israelitas cando se aproximen ó santuario".


—"Dille a Aharón: Cando teñas montadas as lámpadas, as sete lámpadas deben alumar de cara á parte dianteira do candelabro".


Vouche facer unha gran encomenda, meu fillo Timoteo, conforme as mensaxes inspiradas que se refiren a ti, para que, apoiado nelas sosteñas un bo combate,


Por se tardar rógoche que saibas comportarte como convén na familia de Deus, que é a Igrexa do Deus vivo, columna e alicerce da verdade.


Pídoche de corazón ante Deus e Cristo e os anxos escolleitos, que gardes estes consellos sen prexuízos e sen facer nada con parcialidade.


Timoteo, garda o depósito, evitando as lerias profanas e as obxeccións da falsa ciencia.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan