Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:3 - Biblia SEPT

3 Estarán ó teu servizo e ó da Tenda enteira, pero non se acercarán ós obxectos sagrados nin ó altar, para que non morran nin eles nin vós.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:3
12 Iomraidhean Croise  

Non se poderán achegar a min oficiando coma sacerdotes meus e arrimándose a todas as miñas cousas santas no lugar santísimo, senón que soportarán a súa vergonza e as abominacións que cometeron.


Cando o tabernáculo teña que ser transportado, só eles poderán desarmalo, e cando teñan que erguelo, serán os levitas quen o farán; calquera estraño que se achegue para tocalo, será castigado coa morte.


Pero os levitas acamparán arredor do Tabernáculo do Testemuño, de tal xeito que os fillos de Israel non caian no castigo de Deus. Soamente a eles lles corresponde gardar o Tabernáculo do Testemuño".


Soamente eles estarán contigo no servizo da Tenda do Encontro, para todo o servizo da Tenda; ningún estraño se acercará a vós.


Ti, non obstante, e teus fillos contigo exerceredes a vosa función sacerdotal en todo o que toca ó altar e á parte interior do veo: é unha doazón que vos fago eu a vós, o voso sacerdocio, e calquera estraño que se aproxime, morrerá".


O coidado dos fillos de Guerxón, tanto na Tenda do Encontro coma no Tabernáculo, estaba a tenda mesma, a súa cuberta e a cortina de entrada na Tenda do Encontro,


Tiñan ó seu cargo o coidado da Arca, da mesa, do candelabro, dos altares e demais utensilios sagrados do culto, da cortina e de todo o que se precisa no seu servizo.


O cargo dos fillos de Merarí estaba coidar as táboas do Tabernáculo, as trabes, as columnas coas súas bases e todos os demais utensilios precisos para o seu servizo;


Da metade correspondente ós fillos de Israel tomarás a porcentaxe do un por cincuenta, tanto dos homes como dos bois, dos asnos e das ovellas, de todos os animais, e darásllelo ós levitas encargados do servizo do Tabernáculo do Señor".


Cando Aharón e os seus fillos dean envolto todos os obxectos do santuario con todos os seus utensilios sagrados, para pór en marcha o campamento, virán os fillos de Quehat para levalo, pero non poderán tocar nada sagrado, pois morrerían. Este é o cargo que teñen os fillos de Quehat, referente á Tenda do Encontro.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan