Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:2 - Biblia SEPT

2 Toma tamén contigo ós teus irmáns, a tribo de Leví, liñaxe do teu pai, para que contigo se unan e te axuden cando ti e os teus fillos estiverdes diante da Tenda do Testemuño.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:2
16 Iomraidhean Croise  

Quedou aínda embarazada, pariu outro fillo e dixo: —"Agora o meu home apegarase a min, pois xa lle dei tres fillos". Por iso lle puxo o nome de Leví.


Cada un ocupou o posto que lle correspondía segundo a Lei de Moisés, home de Deus; os sacerdotes derramaban o sangue que lles pasaban os levitas.


Eles serán no meu santuario os encargados da vixilancia fronte ás portas do santuario e os servidores do santuario. Eles mesmos lle matarán ó pobo as vítimas dos holocaustos e dos sacrificios, e eles mesmos estarán de pé diante do pobo para o serviren.


Os sacerdotes levíticos, fillos de Sadoc, que respectaron os preceptos cúlticos do meu santuario, cando os fillos de Israel se afastaban lonxe de min, só eles se achegarán a min para me dar culto, e estarán de pé diante de min para me ofrecer graxa e mais sangue —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


Entón recoñeceredes que eu vos tiña enviado esta orde para que fose realidade a miña alianza con Leví —fala o Señor dos Exércitos—.


Pero os levitas acamparán arredor do Tabernáculo do Testemuño, de tal xeito que os fillos de Israel non caian no castigo de Deus. Soamente a eles lles corresponde gardar o Tabernáculo do Testemuño".


E aconteceu que, mentres se xuntaba a comunidade contra Moisés e contra Aharón, estes achegáronse á Tenda do Encontro, e de seguida os cubriu a Nube e apareceu a Gloria do Señor.


Soamente eles estarán contigo no servizo da Tenda do Encontro, para todo o servizo da Tenda; ningún estraño se acercará a vós.


Díxolle o Señor a Moisés:


Cando Aharón e os seus fillos dean envolto todos os obxectos do santuario con todos os seus utensilios sagrados, para pór en marcha o campamento, virán os fillos de Quehat para levalo, pero non poderán tocar nada sagrado, pois morrerían. Este é o cargo que teñen os fillos de Quehat, referente á Tenda do Encontro.


e, tirándoos do medio do pobo, entreguéillelos a Aharón e a seus fillos, para que me sirvan polos fillos de Israel na Tenda do Encontro e para que ofrezan expiación polos fillos de Israel, de sorte que non veña ningunha praga entre os israelitas cando se aproximen ó santuario".


Despois disto os levitas entraron a facer o servizo na Tenda do Encontro, diante de Aharón e seus fillos. Tal como o Señor ordenara a Moisés acerca dos levitas, así fixeron con eles.


Estando todo isto construído deste xeito, na primeira tenda entran a miúdo os sacerdotes, para celebraren o culto.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan