Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:16 - Biblia SEPT

16 Canto ó seu rescate, será desde a idade dun mes, e conforme a túa valoración: cinco siclos de prata, conforme o siclo do Santuario, que vale vinte óbolos cada un.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:16
9 Iomraidhean Croise  

Cada persoa rexistrada pagará medio siclo, segundo o peso do siclo do santuario que é de vinte óbolos; medio siclo será o voso tributo para o Señor.


A suma do ouro empregado na construción do santuario, todo levado en ofrenda, foi de vinte e nove talentos, con setecentos trinta siclos, segundo o siclo do templo.


O siclo son vinte gueras; vinte siclos máis vinte e cinco siclos máis quince siclos serán para vós unha mina.


Toda valoración se fará conforme o valor do siclo do santuario, cada siclo vale vinte óbolos.


Todos os seres de calquera criatura que nacen os primeiros, sexan homes ou animais, que sexan presentados ó Señor, serán para ti, agás os primoxénitos do home, que o terás que rescatar, como tamén rescatarás os dos animais.


Pero non rescatarar o primeiro froito dunha vaca, o primeiro nacido dunha ovella ou o primeiro nacido dunha cabra: son cousa sagrada. O seu sangue derramaralo sobre o altar, e farás arder a súa graxa en ofrenda de aroma agradable ó Señor.


Como prezo do rescate polos douscentos setenta e tres primoxénitos dos israelitas que exceden do número dos levitas,


recibirás, por cada un, cinco siclos, do valor dos siclos de santuario, de vinte óbolos cada siclo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan