Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:12 - Biblia SEPT

12 O mellor do aceite novo e o mellor do viño e do trigo, as primicias que se ofrecen ó Señor, douchas a ti.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:12
19 Iomraidhean Croise  

Deus che dea o orballo do ceo, a fartura da terra, abundancia de trigo e de viño.


Daquela chegou de Baal—Xalixah un home, que lle traía ó home de Deus o pan das primicias: vinte pans de cebada e trigo novo na alforxa. Eliseo díxolle: —"Dállos á xente, e que coman".


Cando se espallou a orde, os israelitas recolleron as primicias do trigo, do mosto, do aceite, do mel e de todos os produtos agrícolas e entregaron abundantes décimos de todo.


Establece a paz nos teus confíns e fártate de flor de trigo.


Os que aborrecen ó Señor, adularíano, e a súa sorte sería duradeira.


E o mesmo farás cos dos teus gandos e cos dos teus rabaños. Deixarás sete días a cría coa súa nai e no oitavo entregarasma.


Traerás á casa do Señor o teu Deus as primicias dos froitos da terra. Non cocerás o cabrito no leite da súa nai.


Levarás á casa do Señor o teu Deus os primeiros froitos da túa terra. Non cocerás o cabrito no leite de súa nai".


O mellor das primicias de todo, e o mellor das contribucións sobre todo —de todas as vosas contribucións— será para os sacerdotes; tamén lle daredes ó sacerdote o mellor da vosa muiñada, para que a bendición descanse na túa casa.


Poderédelas ofrecer como oblación de primicias ó Señor, pero non as queimaredes no altar como recendo para o Señor.


Se ofreces oblación de primicias ó Señor, presentarás espigas sen madurar, torradas no lume, debullando os seus grans tenros, como oblación das túas primicias;


Das vosas moradas traeredes, para ofrecelos, dous pans feitos con dúas décimas de flor de fariña e co fermento correspondente, como primicias para o Señor.


O sacerdote abalaraos ritualmente xunto co pan das primicias, como oblación diante do Señor, ademais dos dous años; serán consagrados á honra do Señor e serán para o sacerdote.


Estes serán os dereitos dos sacerdotes sobre aqueles do pobo que inmolan en sacrificio un touro ou un año: daráselle ao sacerdote a pa, as queixadas e o estómago.


Has de lle da as primicias do teu trigo, do teu mosto e do teu aceite, e mais as primicias da rapa do teu rabaño,


has de coller parte das primicias de todos os froitos do campo que recollerás da terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar. Poralas nunha cesta, e irás ao santuario que o Señor, o teu Deus, escolla para morar alí o seu Nome.


manteiga de vaca e leite de ovellas, con graxa de años, carneiros da raza de Baxán e cabritos, coa flor dos grans de trigo. Bebiches fermentado o sangue da uva (e Xacob comerá ata se fartar).


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan