Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:11 - Biblia SEPT

11 Tamén serán para ti estas outras cousas: os tributos de todas as doazóns dos fillos de Israel dóuvolos a ti e ós teus fillos e ás túas fillas, como dereito perpetuo. Poderaos comer calquera da túa familia que estiver puro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:11
10 Iomraidhean Croise  

Tamén o peito e o pernil dianteiro ofrecidos terédelos que comer no lugar puro ti, os teus fillos e as túas fillas contigo, por ser a parte que che toca a ti e a teus fillos dos sacrificios de comuñón, que doaron os fillos de Israel.


Unha porción de cada un de todos os sacrificios ofrecidos ó Señor será para o sacerdote, quen asperxeu con sangue da vítima de comuñón.


Díxolle o Señor a Aharón: —"Ti e os teus fillos e a casa de teu pai cargaredes coa responsabilidade das faltas cometidas no Santuario; ti e teus fillos cargaredes coa responsabilidade dos pecados cometidos no exercicio do voso sacerdocio.


Comerédelas en lugar santísimo; todo varón as poderá comer; será cousa santa para ti.


Todos os impostos das cousas santas que os israelitas consagran ó Señor douchas a ti e ós teus fillos e ás túas fillas, en dereito perpetuo. É unha alianza selada con sal perdurable ante o Señor, para ti e a túa descendencia".


E díxolle o Señor a Aharón: —"Son eu quen poño á túa disposición todas as ofrendas que me pertencen; e todas as cousas consagradas polos fillos de Israel, douchas a ti e a teus fillos por dereito perpetuo, e serán santas.


Estes serán os dereitos dos sacerdotes sobre aqueles do pobo que inmolan en sacrificio un touro ou un año: daráselle ao sacerdote a pa, as queixadas e o estómago.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan