Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:10 - Biblia SEPT

10 Comerédelas en lugar santísimo; todo varón as poderá comer; será cousa santa para ti.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:10
13 Iomraidhean Croise  

Entón díxome: —As habitacións do norte e mais as habitacións do mediodía que están nas fachadas do adro son as habitacións do templo, onde os sacerdotes que se chegan xunto ó Señor comen comidas santísimas. É alí onde se poñen as cousas santísimas, as ofrendas, as vítimas dos sacrificios polos pecados e mais as vítimas para sacrificios de reparación; ben certo que o lugar é santo.


Tedes que a comer no lugar sagrado, pois é a porción que che toca a ti e a teus fillos, dos holocaustos do Señor, porque esa foi a miña orde.


"Por que non comestes a oblación expiatoria no lugar sagrado, pois é cousa sacrosanta, que vos dei eu para que arrincásedes a culpa da comunidade, expiando por ela diante do Señor?


Sacrificará o año no lugar en que se adoita facer a expiación e mais o holocausto, isto é, no lugar sagrado, porque tanto o sacrificio de purificación coma o de expiación, son cousas santísimas, e pertencen ó sacerdote.


Poderá comer do alimento do seu Deus, das ofrendas santísimas e das santas;


A oblación do sacerdote será toda queimada, non se comerá ren dela".


—"Dilles a Aharón e a seus fillos: Esta é a lei da oblación polo pecado: No mesmo lugar no que se sacrifica a vítima do holocausto, terá que ser sacrificada a vítima polo pecado diante do Señor: é unha cousa sacrosanta.


Poderana comer soamente os varóns, sacerdotes, no lugar sagrado. É unha cousa sacrosanta.


Tamén serán para ti estas outras cousas: os tributos de todas as doazóns dos fillos de Israel dóuvolos a ti e ós teus fillos e ás túas fillas, como dereito perpetuo. Poderaos comer calquera da túa familia que estiver puro.


Isto é o que che tocará a ti das cousas máis sagradas, fóra do que é queimado no lume: todas as ofrendas que me presenten nas súas diversas oblacións, nos seus sacrificios polo pecado e sacrificios polo delito: como cousa santísima, corresponderanche a ti e a teus fillos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan