Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 18:1 - Biblia SEPT

1 Díxolle o Señor a Aharón: —"Ti e os teus fillos e a casa de teu pai cargaredes coa responsabilidade das faltas cometidas no Santuario; ti e teus fillos cargaredes coa responsabilidade dos pecados cometidos no exercicio do voso sacerdocio.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 18:1
22 Iomraidhean Croise  

Porala na testa de Aharón, que cargará coas culpas dos israelitas, cando estes ofrezan as súas ofrendas sacras. Aharón levará a flor sempre na fronte, para reconcilialos co Señor.


Polos traballos da súa vida verá a luz, alcanzará a sabedoría. O Xusto volverá xusto o seu Servo para o ben de moitos e as iniquidades destes el soportará.


Todos nós coma rabaño andabamos perdidos, cada un polo seu camiño. Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.


Oe ti, déitate para o teu lado esquerdo, e pon para este lado as iniquidades da casa de Israel: cantos días te deites para este lado, outros tantos soportarás as súas iniquidades.


"Por que non comestes a oblación expiatoria no lugar sagrado, pois é cousa sacrosanta, que vos dei eu para que arrincásedes a culpa da comunidade, expiando por ela diante do Señor?


Os que as coman, cargarán coa súa culpa, co delito de comeren das cousas sagradas, que santifiquei eu. Eu son o Señor".


Gardarán os meus mandamentos, e así non cargarán co seu pecado nin morrerán por causa deste alimento, por se profanaren con el. Eu son o Señor, que os santifiquei.


Conforme os corenta días que tardastes en explorar o país, pagaredes a pena das vosas iniquidades: por cada día un ano, isto é, corenta anos; así saberedes o que é o meu castigo.


Ademais, aproximouvos a ti e a todos os teus irmáns, fillos de Leví, e reclamades aínda o sacerdocio?


Colocouse de pé entre os mortos e os vivos, e o castigo cesou.


Os incensarios deses que morreron polo seu pecado, sexan reducidos a láminas para recubrir o altar, porque foron ofrecidos ó Señor e están santificados. Serviranlles de sinal ós fillos de Israel".


E aconteceu que, mentres se xuntaba a comunidade contra Moisés e contra Aharón, estes achegáronse á Tenda do Encontro, e de seguida os cubriu a Nube e apareceu a Gloria do Señor.


Tamén serán para ti estas outras cousas: os tributos de todas as doazóns dos fillos de Israel dóuvolos a ti e ós teus fillos e ás túas fillas, como dereito perpetuo. Poderaos comer calquera da túa familia que estiver puro.


—"Manda viren os da tribo de Leví á presenza de Aharón, para que o axuden no seu servizo.


Naquela ocasión escolleu o Señor a tribo de Leví para que levase a Arca da Alianza do Señor, para que se mantivese na presenza do Señor dándolle culto e bendicindo no seu nome tal como fai aínda hoxe.


Facédelles caso e sometédevos ós vosos dirixentes, que eles se desvelan pensando en vós. Xa que teñen que dar contas de vós, que as dean con alegría e non xemendo, que estes xemidos non vos farían ben ningún.


Pois así é: nós non temos un Sumo Sacerdote que non se poida compadecer das nosas debilidades, senón un Sumo Sacerdote probado en todo coma nós, fóra do pecado.


No seu corpo, el ofrendou os nosos pecados sobre a cruz, para que nós, mortos ó pecado, vivamos para a xustiza: curáronnos as súas chagas.


E Micah consagrou o levita e tívoo como sacerdote, e quedou na casa de Micah.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan