Entón todas as árbores do monte caerán na conta de que eu, o Señor, derreo a árbore ergueita e levanto a árbore derreada; seco a árbore verde e fago florecer a árbore seca. Eu, o Señor, díxeno e fareino.
Foi arrincada con carraxe e foi tirada por terra, o vento do nacente secou o seu froito que se desprendeu; e secou as súas ramas poderosas e o lume consumiunas.
Saíu lume dunha das ramas e consumiu os bacelos e os seus froitos. Xa non hai nela ramas poderosas, báculos para reinar. Esta é unha elexía, e cántase coma unha elexía.
Despois díxolles a Coré e a toda a súa facción: —"Mañá o Señor dará a coñecer quen é seu e quen é santo, e farao achegarse a El: ó que teña escollido, farao achegarse.
Isto era coma un aviso para os fillos de Israel, a fin de que ningún estraño que non pertenza á descendencia de Aharón se aproxime a queimar incenso diante do Señor e non sufra a sorte de Coré e a súa facción, conforme o Señor lle ordenara por medio de Moisés.
co altar de ouro para o incenso e a arca da alianza cuberta de ouro por todos os lados; nela había unha caixa de ouro co maná, a vara reverdecida de Aharón e mais as táboas da alianza.