Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 17:7 - Biblia SEPT

7 E aconteceu que, mentres se xuntaba a comunidade contra Moisés e contra Aharón, estes achegáronse á Tenda do Encontro, e de seguida os cubriu a Nube e apareceu a Gloria do Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 17:7
9 Iomraidhean Croise  

Estas son as contas da construción do tabernáculo da alianza, segundo as fixeron os levitas, por orde de Moisés, baixo a dirección de Itamar, fillo do sacerdote Aharón.


Débeslles confiar a eles o coidado da Morada do Testemuño e de todos os seus vasos sagrados e de canto pertence ás cerimonias. Soamente eles os poderán transportar e soamente eles os poderán manexar e meter na Tenda da Alianza. Acamparán arredor do tabernáculo.


Pero os levitas acamparán arredor do Tabernáculo do Testemuño, de tal xeito que os fillos de Israel non caian no castigo de Deus. Soamente a eles lles corresponde gardar o Tabernáculo do Testemuño".


Pero toda a comunidade tratou de apedralos. Entón a Gloria do Señor apareceu na Tenda do Encontro ante todos os fillos de Israel,


O sacerdote Elazar colleu, logo, os incensarios de bronce que ofreceran os mortos polo lume, e laminounos para recubrir o altar.


O día seguinte, toda a comunidade dos fillos de Israel murmurou contra Moisés e Aharón, dicindo: —"Vós matastes o pobo do Señor!"


Toma tamén contigo ós teus irmáns, a tribo de Leví, liñaxe do teu pai, para que contigo se unan e te axuden cando ti e os teus fillos estiverdes diante da Tenda do Testemuño.


O día mesmo en que se erixiu o Tabernáculo, a Nube cubriu o Tabernáculo pola parte da Tenda do Testemuño, e á tarde houbo sobre o Tabernáculo ata á mañá como unha especie de lume.


Os nosos pais tiñan no deserto a tenda da Alianza, como ordenara aquel que lle dixo a Moisés que a fixese conforme ó modelo que vira.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan