Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 17:5 - Biblia SEPT

5 Isto era coma un aviso para os fillos de Israel, a fin de que ningún estraño que non pertenza á descendencia de Aharón se aproxime a queimar incenso diante do Señor e non sufra a sorte de Coré e a súa facción, conforme o Señor lle ordenara por medio de Moisés.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 17:5
21 Iomraidhean Croise  

Pero ó facerse poderoso, a soberbia arrastrouno á perdición. Rebelouse contra o Señor, seu Deus, entrando no templo para queimar incenso no altar dos perfumes.


Todos estes buscaron o seu rexistro de xenealoxías, pero non o atoparon; foron, pois, declarados lixados e excluídos do sacerdocio.


Mandou El ó seu servo Moisés e ó seu elixido Aharón,


Pola mañá veredes a gloria do Señor, que escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós, para que murmuredes contra nós?"


Sairá un xermolo do pé da árbore de Ixaí e un gromo brotará da súa raíz.


Castigarei o orbe pola súa maldade e os malvados pola súa iniquidade. Derrubarei a soberbia dos insolentes, e humillarei o orgullo dos que provocan medo.


Chega o día no que enraizará Xacob, florecerá e botará gromos Israel, e as súas vides encherán a face do mundo.


Como as linguas de lume devoran o restrollo e a chama destrúe a pallugada, así a súa raíz volverase podre, e os seus abrollos voarán coma o coaño, pois rexeitaron a instrución do Señor dos Exércitos e desprezaron a palabra do Santo de Israel.


Queimarán as túas casas con lume e cumprirán contigo a sentencia á vista de moitas mulleres; farei que deixes de ser unha prostituta, e non volverás facer regalos.


Farei desaparecer de ti a túa lascivia e da terra de Exipto a túa fornicación de prostituta; non volverás levantar os teus ollos cara a eles nin te volverás lembrar máis de Exipto.


Eu curarei a súa apostasía, e querereilles de boa gana, si, apartarei deles a miña ira.


Cando o tabernáculo teña que ser transportado, só eles poderán desarmalo, e cando teñan que erguelo, serán os levitas quen o farán; calquera estraño que se achegue para tocalo, será castigado coa morte.


Aconteceu que o pobo comezou a queixarse a oídas do Señor. Oíuno o Señor, e alporizouse. O lume do Señor acendeuse contra aquel, e devorou un extremo do campamento.


Ti e toda a túa facción sublevástesvos contra o Señor; pois quen é Aharón para que murmuredes contra el?".


Despois díxolles a Coré e a toda a súa facción: —"Mañá o Señor dará a coñecer quen é seu e quen é santo, e farao achegarse a El: ó que teña escollido, farao achegarse.


—"Retirádevos do medio desta comunidade, pois vouna consumir nun instante!" Eles prostráronse por terra,


O día seguinte, toda a comunidade dos fillos de Israel murmurou contra Moisés e Aharón, dicindo: —"Vós matastes o pobo do Señor!"


Moisés e Aharón chegáronse diante da Tenda do Encontro,


Nin murmuredes, coma algúns deles e pereceron vítimas do Exterminador.


responderédeslles que as augas do Xordán estiveron cortadas diante da Arca da Alianza do Señor ó pasar o Xordán: cortáronse as augas do Xordán, e velaquí estas pedras como lembranza para os fillos de Israel decote".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan