Despois moerás un pouco, ata convertelo en po, e porás unha parte del diante da arca, na Tenda do Encontro, na que eu virei onda ti. Terédelo por cousa santa.
Os incensarios deses que morreron polo seu pecado, sexan reducidos a láminas para recubrir o altar, porque foron ofrecidos ó Señor e están santificados. Serviranlles de sinal ós fillos de Israel".
E aconteceu que, mentres se xuntaba a comunidade contra Moisés e contra Aharón, estes achegáronse á Tenda do Encontro, e de seguida os cubriu a Nube e apareceu a Gloria do Señor.