3 Os incensarios deses que morreron polo seu pecado, sexan reducidos a láminas para recubrir o altar, porque foron ofrecidos ó Señor e están santificados. Serviranlles de sinal ós fillos de Israel".
Certamente fun enganado por vós mesmos, pois mandástesme onda o Señor, o voso Deus, dicindo: "Intercede por nós ante o Señor, o noso Deus, e todo canto o Señor o noso Deus che diga, móstranolo, que o faremos".
—Oe ti, fillo de Adam, colle un pau e escribe nel "Xudá e os fillos de Israel, os seus aliados"; logo colle outro pau e escribe nel "Xosé, pai de Efraím e toda a Casa de Israel, os seus aliados".
Díxolle o Señor a Aharón: —"Ti e os teus fillos e a casa de teu pai cargaredes coa responsabilidade das faltas cometidas no Santuario; ti e teus fillos cargaredes coa responsabilidade dos pecados cometidos no exercicio do voso sacerdocio.
Ti, non obstante, e teus fillos contigo exerceredes a vosa función sacerdotal en todo o que toca ó altar e á parte interior do veo: é unha doazón que vos fago eu a vós, o voso sacerdocio, e calquera estraño que se aproxime, morrerá".
(Entón a terra abriu a súa boca e enguliunos xuntamente con Coré; así morreron os da sedición, devorando o lume douscentos cincuenta homes, para que servisen de escarmento;