12 Aharón colleu o incensario, conforme lle indicara Moisés, e foi correndo ó medio do pobo, pois xa comezara o castigo entre o pobo; puxo incenso e fixo a expiación polo pobo.
Certo que non me querelarei sempre, nin estarei enfadado constantemente, senón o espírito languidecería lonxe da miña presenza e os viventes que eu creei.
Eu dixen: "Ai de min! Estou perdido! Pois sendo un home de labios lixados, e que vive entre un pobo de labios lixados, vin cos meus ollos o mesmo Rei, o Señor dos Exércitos".
e Moisés díxolle a Aharón: —"Colle o incensario e pon nel lume collido do altar e bótalle enriba incenso; vai despois axiña ó medio do pobo e ofrece expiación por eles, porque xa saíu a cólera do Señor: xa comezou o castigo".
que constituirá para el e para a súa descendencia unha alianza de sacerdocio perpetuo, en recompensa por se mostrar celoso polo seu Deus e realizar expiación polos fillos de Israel".
e xa vos esqueceu aquela recomendación de Deus, que vos fala como se lles fala ós fillos: "Meu fillo, non despreces o castigo do Señor nin esmorezas cando El che rife;