Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 17:11 - Biblia SEPT

11 e Moisés díxolle a Aharón: —"Colle o incensario e pon nel lume collido do altar e bótalle enriba incenso; vai despois axiña ó medio do pobo e ofrece expiación por eles, porque xa saíu a cólera do Señor: xa comezou o castigo".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 17:11
6 Iomraidhean Croise  

Cando vosos irmáns que habitan nas cidades vos presenten un caso de asasinato, ou ben vos consulten sobre leis, preceptos, mandatos ou decretos, instruídeos para que non se fagan culpables ante o Señor e non se derrame a súa cólera sobre vós e vosos irmáns. Se actuades así estaredes libres de culpa.


Matará o chibo expiatorio que lle toca ó pobo e levará o sangue do chibo desde o templo para detrás do veo. Fará con el o mesmo que fixera co sangue do xovenco, asperxendo enriba e por diante do propiciatorio.


Desta maneira purificará o santuario da impureza dos fillos de Israel e das súas prevaricacións e de todas as variedades dos seus pecados. Fará o mesmo coa Tenda do Encontro, situada no medio das impurezas deles.


Aínda tiñan a carne entre os dentes, aínda non a tiñan mascada, cando se acendeu a cólera do Señor contra o pobo e fixo na xente unha grandísima praga.


—"Retirádevos do medio desta comunidade, pois vouna consumir nun instante!" Eles prostráronse por terra,


Aharón colleu o incensario, conforme lle indicara Moisés, e foi correndo ó medio do pobo, pois xa comezara o castigo entre o pobo; puxo incenso e fixo a expiación polo pobo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan