Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 17:10 - Biblia SEPT

10 —"Retirádevos do medio desta comunidade, pois vouna consumir nun instante!" Eles prostráronse por terra,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 17:10
23 Iomraidhean Croise  

Desde o ceo mandarame a salvación, confundirá ós que me oprimen, mandará o seu amor e a súa verdade.


Díxolles Moisés: —"Isto manda o Señor: enchede un ómer de maná e conservádeo, para que as xeracións vindeiras poidan ver o pan que eu vos dei no deserto para comer, cando vos saquei de Exipto".


Aharón, seguindo o mandado do Señor a Moisés, puxo a talla de maná diante do Testemuño.


Escoita, ceo! Oe, terra! Ollade, que fala o Señor: "Engrandecín fillos, si, fíxenos grandes, pero eles rebeláronse contra min.


Desde os días de Guibah pecaches, Israel; permaneciches no pecado. De certo, a guerra collerate en Guibah.


Moisés e Aharón prostráronse por terra coa cara para abaixo, diante de toda a comunidade dos fillos de Israel.


—"Separádevos do medio desta comunidade, para que de improviso os destrúa!"


e Moisés díxolle a Aharón: —"Colle o incensario e pon nel lume collido do altar e bótalle enriba incenso; vai despois axiña ó medio do pobo e ofrece expiación por eles, porque xa saíu a cólera do Señor: xa comezou o castigo".


O sacerdote Elazar colleu, logo, os incensarios de bronce que ofreceran os mortos polo lume, e laminounos para recubrir o altar.


Moisés colleu a vara de diante do Señor, conforme lle ordenara.


—"Non deixedes desaparecer as familias de Quehat do medio dos demais levitas.


Nin murmuredes, coma algúns deles e pereceron vítimas do Exterminador.


Que ninguén vos engaiole con palabras baleiras, que por estas cousas vén a ira de Deus sobre os fillos rebeldes.


Desde o día en que vos coñecín, vindes sendo rebeldes co Señor.


Recorda, non te esquezas de que enfadaches o Señor, o teu Deus, no deserto; desde o día en que saíches do país de Exipto ata a vosa chegada a este lugar, estivestes rebelándovos contra o Señor.


co altar de ouro para o incenso e a arca da alianza cuberta de ouro por todos os lados; nela había unha caixa de ouro co maná, a vara reverdecida de Aharón e mais as táboas da alianza.


Os fillos de Elí eran xente de pouco valer. Non respectaban o Señor


Algúns malvados de entre os homes que foran con David, dicían: —"Xa que non foron canda nós, que non se lles dea nada dos espolios que rescatamos, fóra da muller e dos fillos. Que os collan e que se vaian".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan