Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 16:9 - Biblia SEPT

9 Parécevos pouco para vós que o Deus de Israel vos separase da comunidade israelita e vos aproximase a El, para que desempeñedes o servizo do Tabernáculo do Señor e para vos manter na presidencia da comunidade e oficiar por ela?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 16:9
20 Iomraidhean Croise  

Respondeulle Lea: —"Quizais che parece pouco quitarme o meu home, que queres tamén as mandrágoras de meu fillo?" Díxolle Raquel: —"Ben: que durma contigo esta noite, en troque das mandrágoras".


E, por se isto fose pouco aínda ós teus ollos, Señor Iavé, falas tamén do porvir da familia do teu servo. É isto, Señor Iavé, cousa ben dada?


E dixo ós levitas consagrados ó Señor, encargados de servir a Israel: —"Deixade a arca santa no templo que construíu Salomón, fillo de David, rei de Israel; non tedes xa que trasladala a ombros. Dedicádevos agora a servir ó Señor, voso Deus, e ó seu pobo Israel.


Nese día nomeáronse intendentes dos almacéns destinados ás provisións, ofrendas, primicias e décimos, onde se gardaban, polos campos e pobos, as porcións que prescribe a Lei para os sacerdotes e os levitas. En efecto, Xudá sentíase orgullosa dos sacerdotes e dos levitas en función,


Entón dixo Isaías: "Escoitade vós, casa de David: Non vos é pouco dominar os homes, que aínda queredes dominar o meu Deus?


Aínda vos é pouco o pastardes o pasto mellor, que, por enriba, esmagades cos vosos pés o que vos sobra dos pastos? Aínda vos é pouco beberdes a auga clara, que, por enriba, cos vosos pés alodades a que vos sobra?


Só eles entrarán no meu santuario e só eles se arrimarán á miña mesa para me daren culto, e observarán os meus preceptos cúlticos.


Pero os levitas acamparán arredor do Tabernáculo do Testemuño, de tal xeito que os fillos de Israel non caian no castigo de Deus. Soamente a eles lles corresponde gardar o Tabernáculo do Testemuño".


É pouco obrigarnos a subir dun país que deita leite e mel, e facernos morrer no deserto, para que, enriba, pretendas tamén señorearte de nós?


Moisés díxolle a Coré: —"Escoitade, por favor, fillos de Leví!


—"Manda viren os da tribo de Leví á presenza de Aharón, para que o axuden no seu servizo.


Porás os levitas baixo as ordes de Aharón e de seus fillos, e serán como unha oblación perfecta de entre os fillos de Israel para o seu servizo.


Estando nunha reunión litúrxica con xaxún, dixo o Espírito Santo: Apartade a Bernabé e Saulo para a obra á que os teño chamados.


Por min impórtame moi pouco que me pidades contas vós ou un tribunal humano; nin tan sequera eu me xulgo a min mesmo.


Naquela ocasión escolleu o Señor a tribo de Leví para que levase a Arca da Alianza do Señor, para que se mantivese na presenza do Señor dándolle culto e bendicindo no seu nome tal como fai aínda hoxe.


Os servidores de Xaúl repetiron esas palabras ós oídos de David. E David respondeulles: —"Parécevos pouca cousa chegar a ser xenro do rei? Eu son un home pobre e de humilde condición".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan