2 levantáronse contra Moisés con douscentos cincuenta homes dos fillos de Israel, príncipes da comunidade, membros do consello, persoas que eran das máis significadas e sinaladas polo seu nome.
Cando os fillos de Deus se achegaban ás fillas dos homes e tiñan fillos delas, e aínda despois, existían na terra os xigantes. Son os nomeados heroes doutros tempos.
Velaquí os xefes das casas de seus pais: Éfer, Ixí, Eliel, Azriel, Xeremías, Hodavías, Iahdiel, homes valerosos, xente de fama, xefes das casas de seus pais.
O teu nome correu entre as nacións por mor da túa beleza, co esplendor que eu puxera en ti, tan perfecta era a túa beleza! —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
Eles destapáronlle as súas vergonzas, colléronlle os fillos e as fillas, e a ela matárona coa espada. Ela converteuse nun nome simbólico para as nacións, pois os asirios executaron a súa sentencia condenatoria.
Os fillos de Eliab: Nemuel, Datán e Abiram, que son os membros do consello da comunidade, que se levantaran contra Moisés e Aharón na sedición de Coré, cando se levantaron contra o Señor.
—"O noso pai morreu no deserto, pero el non figurou na facción dos que conspiraron contra o Señor, na facción de Coré; senón que morreu polo seu pecado e non tivo fillos.