Collede cada un o voso incensario, ponde nel incenso, e ofrecede ante o Señor cada un o voso, en total douscentos cincuenta incensarios. Tamén ti e Aharón, cada un co seu incensario".
Failles diario o acordo disto, amoestándoos diante de Deus, para que non discutan sobre palabras: que iso non vale para nada máis que para botar a perder ós que escoitan.
Aquí me tedes. Testemuñade contra min na presenza do Señor e na do seu unxido. A quen lle quitei un boi? A quen, un burro? A quen asoballei? A quen causei prexuízo? De quen aceptei un agasallo que me fixese pechar os ollos ante a súa conduta? Falade e devolveréivolo".