Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 15:9 - Biblia SEPT

9 ofrecerás ademais do xovenco, en concepto de oblación, catro quilos e medio de flor de fariña amasada con dous litros de aceite;

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 15:9
18 Iomraidhean Croise  

Ornán respondeu a David: —"Tómaa, e que o meu señor, o rei, faga nela o que lle pareza ben; mira, douche os bois para o holocausto, os mallos para a leña e o trigo para a ofrenda. Doucho todo".


Prometemos ademais dar un terzo de siclo ó ano para o culto do templo do noso Deus,


Entón díxome: —As habitacións do norte e mais as habitacións do mediodía que están nas fachadas do adro son as habitacións do templo, onde os sacerdotes que se chegan xunto ó Señor comen comidas santísimas. É alí onde se poñen as cousas santísimas, as ofrendas, as vítimas dos sacrificios polos pecados e mais as vítimas para sacrificios de reparación; ben certo que o lugar é santo.


Nas festas de romarías e nas solemnidades, a ofrenda consistirá nun efah de fariña polo becerro; e un efah, polo carneiro; e polos años, segundo a súa libre vontade; e un hin de aceite, por efah de fariña.


Ofrecerán todas as mañás o año, a ofrenda e o aceite en holocausto perpetuo.


e mais a ofrenda dun efah de fariña; polo carneiro e polos años, a ofrenda da súa libre vontade; e un hin de aceite, por cada efah de fariña.


O príncipe tamén fará a ofrenda dun efah de fariña polo becerro e un efah polo carneiro e polos años, segundo libremente queira, e mais un hin de aceite por efah de fariña.


Suprímase do templo do Señor a ofrenda e a libación; que fagan dó os sacerdotes, servidores do Señor.


Quizais cambie e teña compaixón, e deixe tras de si a súa bendición, a ofrenda e mais a libación, para o Señor, o voso Deus.


No día oitavo collerá dous años sen chata e unha ovelliña dun ano sen chata, e tres décimos de flor de fariña, mesturada con aceite, coma oblación, e un cuarteirón de aceite.


Será adobada con aceite e fritida na tixola; será presentada en rebandas, despois de cociñada, como recendo para o Señor.


Este é o regulamento do holocausto, da oblación, do sacrificio de expiación, da consagración e do sacrificio de comuñón,


e para a libación ofrecerás dous litros de viño: sacrificio de comida, como aroma suavísimo para o Señor.


Pero se desexas sacrificar un xovenco en holocausto ou sacrificio, en cumprimento dun voto ou como ofrenda pacífica ó Señor,


e tamén catro quilos de flor de fariña en oblación amasada no aceite, por cada un dos xovencos; dous quilos e medio de flor de fariña amasada no aceite, como oblación polo carneiro;


E as súas libacións serán: dous litros e medio de viño por xovenco, un litro e medio por carneiro e un litro por cada año. Tal é o holocausto mensual, de cada mes, para os meses do ano.


sen contar o holocausto do mes e mais a súa oblación, o holocausto perpetuo e mais a súa oblación, ademais das libacións preceptuadas, en sacrificio con lume de grato aroma para o Señor.


Chegado ese momento, Ana subiu con el a Xiloh, ó santuario do Señor, levando consigo un becerro de tres anos, unha fanega de fariña e un pelexo de viño.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan