Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 15:5 - Biblia SEPT

5 engadiraslle ó holocausto ou á oblación viño para as libacións en cantidade dun litro, por cada cordeiro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 15:5
18 Iomraidhean Croise  

Houbo moitos holocaustos, ademais da graxa dos sacrificios de comuñón e das libacións dos holocaustos. Así restableceuse o culto do templo.


Así pois, con eses cartos coidaraste de mercar touros, carneiros, años e canto faga falta para as súas ofrendas e libacións; presentaralas sobre o altar da casa do voso Deus en Xerusalén.


Alzarei a copa da salvación, invocando o nome do Señor;


Co primeiro ofrecerás un décimo de flor de fariña, amasada coa cuarta parte dun hin de aceite de oliva, e unha libación de viño.


Arrástrame contigo: Corramos! Introdúzame o Rei na súa alcoba. Folguémonos en ti, ledas abondo, Loemos os teus amores máis có viño. Que ben fan en te amaren!


Se a súa oblación fose de gando miúdo, isto é, de ovella ou de cabra, para holocausto, só poderá presentar un macho sen chata.


xunto coa ofrenda de dúas décimas de flor de fariña mesturada con aceite, que será queimada a honra do Señor, como perfume de recendo para o Señor, ademais da correspondente libación dun cuarteirón de hin de viño.


Se a ofrenda fose de gando miúdo, como sacrificio de comuñón ó Señor, terase que ofrecer unha res sen chata, macho ou femia.


Se a súa ofrenda é un año, presentarao diante do Señor,


Que feliz será o seu pobo! Que fermoso será! O trigo fará medrar os mozos, o viño novo fará medrar as mozas.


Isto farase con cada xovenco e con cada carneiro, año ou cabrito.


E por cada carneiro, ofrecerás como oblación tres quilos de flor de fariña amasada cun litro e cuarto de aceite;


E as súas libacións serán: dous litros e medio de viño por xovenco, un litro e medio por carneiro e un litro por cada año. Tal é o holocausto mensual, de cada mes, para os meses do ano.


E a súa correspondente libación de viño de uva será dun litro por cada año; no Santuario hase verter a libación, bebida fermentada para o Señor.


Mais, aínda que verta o meu sangue coma libación nun sacrificio ó servizo da vosa fe, estou alegre e asóciome á vosa alegría.


Porque a min xa me falta pouco para derramar o meu sangue, e o meu pasamento está a chegar.


E respondeulles a vide: E hei de renunciar eu ó meu viño, que fai poñer ledos a deuses e homes, para me ir abanear polas árbores?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan