Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 15:3 - Biblia SEPT

3 e queirades celebrar unha ofrenda de comida (un holocausto ou un sacrificio en cumprimento de voto ou como ofrenda voluntaria ou con motivo das vosas solemnidades sacrificando bois ou ovellas, en recendo grato ó Señor),

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 15:3
27 Iomraidhean Croise  

Agradoulle ó Señor o recendo e decidiu: —"Non maldicirei a terra outra vez por mor dos homes, por máis que a súa inclinación tenda cara ó mal desde a súa mocidade. Non ferirei outra vez a todos os seres vivos, como acabo de facer.


Así pois, con eses cartos coidaraste de mercar touros, carneiros, años e canto faga falta para as súas ofrendas e libacións; presentaralas sobre o altar da casa do voso Deus en Xerusalén.


Mais Deus é a miña axuda, o Señor é quen sostén a miña vida.


e queimarás o carneiro todo encima do altar. É un holocausto para o Señor, un sacrificio recendente que lle prace.


Collerás todo outra vez das súas mans e queimaralo no altar coma holocausto, coma recendo que prace ó Señor. É un sacrificio no seu honor.


Co segundo cordeiro, o da tarde, farás, coma á mañá, unha ofrenda e unha libación: ofrenda recendente que prace ó Señor.


Tedes que a comer no lugar sagrado, pois é a porción que che toca a ti e a teus fillos, dos holocaustos do Señor, porque esa foi a miña orde.


—"Dilles ós fillos de Israel: Cando alguén queira cambiar un voto que fixo, consagrando unha persoa ó Señor, poderao rescatar conforme o seu valor.


Se a vítima se ofrece para cumprir un voto ou unha promesa voluntaria, comerase no mesmo día en que se sacrifica, pero o sobrante poderase comer no día seguinte.


Ofreceredes en holocausto de aroma grato para o Señor dous xovencos, un carneiro, sete años dun ano.


Ofreceredes en holocausto de aroma grato ó Señor un xovenco, un carneiro, sete años dun ano sen defecto.


e tamén un cesto de bolos de pan asmo de flor de fariña triga, amasada con aceite, e tortas sen fermento cociñadas con aceite, e todo o que se precisa para a oblación e as libacións destes sacrificios.


E oíuse desde o ceo unha voz que dicía: Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.


Porque somos recendo de Cristo para Deus, tanto entre os que se salvan coma entre aqueles que se perden:


para estes somos un cheiro de morte, para morte; para os outros, un recendo de vida, para vida. E nestas cousas, hai alguén capaz abondo?


e camiñade no amor, igual ca Cristo, que vos amou e que se entregou por nós coma ofrenda e vítima a Deus de recendo agradable.


Entón a aquel santuario que escolla o Señor, o voso Deus, para pór nel o seu Nome, levaredes todo o que eu vos mande: os vosos holocaustos e os vosos sacrificios, os vosos décimos e as ofrendas voluntarias da vosa man, e todo o mellor das vosas promesas, que lle fagades ao Señor.


Non che está permitido comer dentro das portas das túas cidades o décimo do teu trigo, nin do teu mosto, nin do teu aceite, nin os primoxénitos do teu gando e do teu rabaño, nin ningunha das túas promesas que ti fagas, nin as túas ofrendas espontáneas, nin as ofrendas voluntarias da túa man.


para presentardes alí os vosos holocaustos e os vosos sacrificios, os vosos décimos e as ofrendas voluntarias das vosas mans, os vosos sacrificios ofrecidos en promesa e as vosas ofrendas espontáneas, e os primoxénitos do voso gando e dos vosos rabaños.


Acuso recibo de todo e teño de abondo. Quedei ben provisto ó recibir de Epafrodito o que viña de vosa parte, agradable recendo, sacrificio aceptable e que prace a Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan