Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 15:16 - Biblia SEPT

16 Unha soa lei e unha soa norma teredes vós e mais o estranxeiro que mora convosco".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 15:16
8 Iomraidhean Croise  

Tamén o estranxeiro, que non é do teu pobo Israel, pero que veu de terras de lonxe por razón do teu nome,


A mesma lei rexerá para os que son do país coma para os estranxeiros que habiten convosco".


Haberá entre vós un só xuízo para todos, o mesmo para o forasteiro e para o nativo. Eu son o Señor, Deus de todos vós".


Se o que peca é un calquera do pobo, facendo, sen decatarse, algo que o Señor privou de facer,


Faloulle o Señor a Moisés:


Para os fillos de Israel, o estranxeiro e o que mora no medio de vós, esas seis cidades serán de asilo, para que alí se refuxie todo aquel que mate a unha persoa sen querer.


E se morase convosco un estranxeiro e quixese celebrar a Pascua en honra do Señor, conforme o regulamento da Pascua e seguindo ó pé da letra as regras todas, deberao facer tamén así: unha soa é a lei para vós e para os estranxeiros, así como para os nativos do país".


E todo Israel os seus anciáns, os seus oficiais e os seus xuíces, estaban dunha e doutra banda da Arca, diante dos sacerdotes levitas que levaban a Arca da Alianza do Señor: como o nativo, así o forasteiro. A metade, de fronte ó monte Garizim, e a outra metade, de fronte ó monte Ebal, como establecera Moisés, servo do Señor, ó comezo, para bendicir o pobo de Israel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan