9 Pero non vos rebeledes contra o Señor nin temades a xente do país, pois podemos devoralo coma pan; a súa protección apartouse deles, e o Señor está connosco. Non lles teñades medo!"
Sabede que Deus está connosco na vangarda. Os seus sacerdotes darán coas trompetas o toque de guerra contra vós. Israelitas, non loitedes contra o Señor, Deus de vosos pais, porque non poderedes vencer".
Saíu ó encontro de Asá e díxolle: —"Escoitádeme, Asá, Xudá e Benxamín: se estades co Señor, El estará convosco; se o buscades, deixarase encontrar; pero se o abandonades, abandonaravos.
Non teredes necesidade de combater; estade quietos e firmes contemplando como vos salva o Señor. Xudá e Xerusalén, non vos asustedes nin acovardedes. Saíde mañá ó seu encontro, que o Señor estará convosco".
Moisés respondeulles: —"Non teñades medo. Mantédevos enteiros e veredes a salvación que vos concederá hoxe o Señor. Os exipcios que hoxe vedes, non os veredes nunca máis.
pois como poderiamos saber, eu e mais este teu pobo, que contamos co teu favor, se non no feito de que veñas ti connosco? Entón avantaxariamos, eu e mais este teu pobo, a todos os pobos que hai sobre a terra".
Entón cada un será como un refuxio contra o vento, un pendello para o temporal, coma regos de auga nun sequeiro, coma a sombra dun penedo nunha terra reseca.
Non lle teñades medo ó rei de Babilonia, a quen agora estades temendo; non lle teñades medo —é o Señor quen fala—: vede: eu estou convosco para salvarvos e para librarvos da súa man.
O amparo de Hexbón detéñense os fuxitivos sen forzas, de Hexbón sae lume, e chamas saen do neutral Sihón, devoran a cabeza de Moab polos dous lados e o cranio dos fillos da destrución.
Deus, que o tirou do Exipto, é para el coma a forza do rinoceronte. Devora as nacións inimigas súas, creba os seus ósos, e traspásaos coas súas frechas.
Olla: o Señor, o teu Deus, ponche diante este país: Sube e toma posesión del, tal como o Señor, Deus dos teus pais, cho prometeu. Non teñas medo nin te acovardes!
Sede valentes! Sede fortes! Non teñades medo nin tremades ante a súa presenza que o Señor, o teu Deus, é quen irá contigo: non te deixará só nin te abandonará".
Recorda, non te esquezas de que enfadaches o Señor, o teu Deus, no deserto; desde o día en que saíches do país de Exipto ata a vosa chegada a este lugar, estivestes rebelándovos contra o Señor.
Unha cousa só: mirade de vos comportar conforme ó Evanxeo de Cristo, para que, tanto que vos vaia ver coma que quede lonxe, eu sinta falar de que vos mantedes firmes nun mesmo espírito e que, todos de acordo, loitades xuntos pola fe do Evanxeo,
Ninguén se che poderá arrepoñer durante toda a túa vida. Do mesmo xeito que estiven con Moisés, estarei tamén contigo: non te fallarei nin te abandonarei.
Rógoche, pois, que me deas a montaña esa á que se referiu o Señor naquel día, pois xa oíches entón que estaban alí os anaquitas, e que as cidades eran grandes e ben defendidas. Pero pode ser que o Señor estea comigo, de xeito que consiga botalos, como El dixo".