Bendito sexa o Señor, teu Deus, que te quixo a ti no trono de Israel. Polo amor eterno que o Señor ten a Israel, constituíute a ti rei, para que o gobernes con xustiza e equidade".
Ata que veña eu para levarvos a un país coma o voso, terra de trigo e de mosto, terra de pan e de viño, terra de aceite e de mel. Viviredes e non morreredes. Non lle fagades caso a Ezequías, que vos engana, dicindo: o Señor hanos librar.
Vou baixar e libralos do poder dos exipcios, e levalos desta terra a unha terra boa e largacía, terra que deita leite e mel, ós lugares dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.
Non se che volverá chamar "Abandonada", nin á túa cidade se lle volverá dicir "Ruína", senón que a ti se che chamará "Ti es o meu amor" e á túa cidade se lle chamará "A casada". Si, o amor do Señor estará en ti, e a túa cidade casará.
Abofé, non nos trouxeches a un país que deita leite e mel, nin nos deches en herdanza campos e viñas! Pensas arrincar os ollos desta xente? Non iremos!"
Rógoche, pois, que me deas a montaña esa á que se referiu o Señor naquel día, pois xa oíches entón que estaban alí os anaquitas, e que as cidades eran grandes e ben defendidas. Pero pode ser que o Señor estea comigo, de xeito que consiga botalos, como El dixo".