David ordenoulles a Ioab e ós soldados que tiña con el: —"Rachade as vosas vestiduras, cinguídevos co saco e póndevos de loito por Abner". E o rei mesmo ía camiñando tras do féretro.
Eliaquim, fillo de Hilquías, mordomo do pazo, Xébnah, o secretario, e Ioah, fillo de Asaf, o cronista, presentáronse onda Ezequías coas vestiduras rachadas, e referíronlle todo o que dixera o copeiro maior.
Con todo, ó meu servidor Caleb, porque tivo outro espírito consigo e me seguiu fielmente, heino facer entrar no país onde el xa estivo, e a súa posteridade terao en posesión.
Achegáronse os fillos de Israel a Xosué en Guilgal, e díxolle Caleb, fillo de Iefuneh, o quenizeo: —"Ti ben sabes o que lle prometeu o Señor a Moisés, o home de Deus, verbo de min e mais de ti, en Cadex—Barnea.
Xosué rachou as súas vestiduras e prostrouse co rostro por terra ata o serán diante da Arca do Señor, el e mais os anciáns de Israel; e botaron po nas súas cabezas.
E, ó vela, rachou as súas vestiduras e exclamou: "Oh miña nena! Magoáchesme de verdade, e ti es a razón da miña mágoa, pois dei a miña palabra ó Señor e non podo botarme atrás".