Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 14:3 - Biblia SEPT

3 Por que nos conduce o Señor a este país, para sermos atravesados pola espada e para que as nosas mulleres e os nosos nenos sexan feitos cativos? Non nos sería mellor volver para o Exipto?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 14:3
14 Iomraidhean Croise  

Non quixeron oír nin recordar os prodixios que fixeras polo seu ben. Empeñáronse testanamente en volveren á escravitude de Exipto. Mais ti, Deus do perdón, clemente e compasivo, cheo de paciencia e misericordioso, non os abandonaches,


Cantas veces se rebelaron no deserto e incomodaron a Deus na soidade!


Dicían: —"Sequera morrésemos pola man do Señor na terra de Exipto, sentados ó redor dos potes de carne e con pan a fartar! Trouxéstesnos a este deserto, para matar de fame a toda esta comunidade".


Dixéronlles: —"Que o Señor olle o voso feito e que xulgue. Fixéstesnos aborrecer polo faraón e polos seus servidores, e puxésteslles na man a espada para que nos maten".


Isto é que dicides: Resistamos, pois iremos ó país de Exipto, onde nin veremos a guerra, nin escoitaremos a voz da trompeta, nin pasaremos fame de pan e onde viviremos".


O Señor divos a vós, resto de Xudá: Non vaiades a Exipto. Que vos quede ben sabido, que eu me converto hoxe en testemuña contra vós.


Gardádevos cada un do seu veciño, non confíe ninguén no seu irmán, pois todos os irmáns enganan e todos os veciños calumnian.


senón un mes enteiro, ata que vos saia polo nariz e vos resulte noxenta, por canto rexeitades o Señor, que está no medio de vós, e chorastes na súa presenza, dicindo: Por que saímos nós do Exipto?".


É pouco obrigarnos a subir dun país que deita leite e mel, e facernos morrer no deserto, para que, enriba, pretendas tamén señorearte de nós?


O pobo levantouse contra Moisés e laiouse con berros, dicindo: —"Oxalá perecésemos, cando pereceron os nosos irmáns diante do Señor!


E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"


Foi el a quen nosos pais non quixeron obedecer, senón que o refugaron e no seu corazón volvéronse a Exipto,


Os vosos meniños, que coidabades que servirían de botín, os vosos fillos que hoxe aínda non saben distinguir o ben do mal, eles serán os que entrarán alí, a eles dareilles a terra e eles tomarán posesión dela.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan