2 Todos os fillos de Israel murmuraron contra Moisés e Aharón, e toda a xente dicía: —"Oxalá morrésemos no país do Exipto! Oxalá morrésemos neste deserto!
El seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foi sentar debaixo dunha xesta, e pediu a morte, dicindo: —"Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois non vallo eu máis cós meus pais".
Dixéronlle a Moisés: —"Seica non había sepulturas en Exipto, para que nos fixeses vir morrer no deserto? Que ben nos fixeches con sacáresnos de Exipto?
Pero o pobo, sedento, seguía queixándose por auga a Moisés: —"Por que nos sacaches de Exipto, para facernos morrer de sede, a nós, ós nosos fillos e á nosa habenza?"
Cando o sol apertaba, mandou Deus un abrasador vento soán, e o sol deulle na cabeza a Xonás, que se sentía esmorecer. Entón desexou con ansia a morte e dixo: Éme mellor morrer que vivir.
Aconteceu que o pobo comezou a queixarse a oídas do Señor. Oíuno o Señor, e alporizouse. O lume do Señor acendeuse contra aquel, e devorou un extremo do campamento.
Se ti me tratas a min así, é mellor que me mates, tírame a vida, pídocho de favor, se atopei graza ós teus ollos, para que deste modo non vexa eu tanto mal".
todos aqueles homes que viron a miña Gloria e os prodixios que fixen no Exipto e no deserto, e me tentaron xa por dez veces, sen escoitaren a miña voz,
E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"
Levantastes calumnias baixo as vosas tendas, dicindo: Polo odio que o Señor nos ten, foi polo que nos sacou do país de Exipto, para nos entregar ao poder dos amorreos, para que nos fagan desaparecer.
E cando o Señor vos mandou saír de Cadex Barnea, dicíndovos: Subide e tomade posesión da terra que eu vos entreguei, vós rebelástesvos contra a orde da boca do Señor, voso Deus; non vos fiastes del nin lle fixestes caso á súa voz.
Sonvos murmuradores, ándanse a queixar decote, camiñan seguindo as súas cobizas, os seus labios pronuncian verbas abraiantes, afagan as persoas buscando o propio interese.