Eles dixeron: —"O Deus dos hebreos chámanos. Déixanos facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos un sacrificio a Iavé o noso Deus, e que non nos fira coa peste ou coa espada".
Farei vir contra vós unha espada vingadora da miña alianza. Teimaredes por vos refuxiar nas vosas cidades, pero heivos mandar unha peste e caeredes nas mans dos vosos inimigos;
Pero rebelouse contra min a Casa de Israel no deserto: non seguiron os meus preceptos, senón que rexeitaron os meus mandamentos, que dan vida ó home que os cumpre, e profanaron os meus sábados desde antigo. Eu vinme tentado de verter contra eles o meu noxo para os exterminar.