22 Subiron polo Négueb e chegaron a Hebrón, onde estaban Ahimán, Xexai e Talmai, descendentes de Anac. Hebrón fora edificada sete anos antes ca Soán do Exipto.
Despois diso, David consultou o Señor: —"Debo subir a algunha das cidades de Xudá?" E o Señor respondeulle: —"Sube". David preguntou: —"A cal delas?" O Señor respondeulle: —"A Hebrón".
Que loucos están os príncipes de Soán, os sabios que aconsellan ó Faraón consellos estúpidos! Como lle poderán dicir ó Faraón: "Eu son fillo de sabios, fillo de reis orientais"?
Alí vimos xigantes descendentes de Anac, raza de xigantes, e resultabamos, ós nosos propios ollos, coma saltóns, e o mesmo lles debiamos parecer tamén a eles".
un pobo grande e de grande estatura son os fillos dos anaquitas, ós que ti non coñecías, aínda que ti mesmo oíches: Quen poderá resistir ante os fillos de Anac?