Sobre Damasco: —Están cubertos de vergonza Hamat e Arpad, pois oíron unha mala noticia, asustounos o Monstro mariño, a angustia que non se pode calmar.
Ide ata Calno e ollade, de alí pasade ó Gran Hamat, baixade despois a Gat dos filisteos. Valedes vós máis ca eses reinos? É meirande o voso territorio?
porque ámbolos dous no deserto de Sin, na rebelión da comunidade, fostes rebeldes á miña orde de declararme santo ós seus ollos mediante a auga, a auga de Meribah, no deserto de Sin".
Por me serdes infieis a min ante os fillos de Israel, nas augas de Meribah de Cadex, no deserto de Sin, por non recoñecer a miña santidade, ante os fillos de Israel,
E non houbo quen a salvase, porque estaba lonxe de Sidón e non tiñan trato con ninguén. Estaba situada no val de Bet—Rehob. Despois reedificaron a vila e habitaron nela.