Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 13:2 - Biblia SEPT

2 —"Manda homes que che exploren o país de Canaán, que eu lles vou dar ós fillos de Israel; un home por cada unha das tribos de seus pais; serán tomados entre os príncipes.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 13:2
12 Iomraidhean Croise  

Elixiu de entre todo Israel homes de valer e púxoos á cabeza do pobo, coma xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.


Teredes presentes convosco un home de cada tribo, o xefe de cada familia patriarcal.


O Señor respondeulle a Moisés: —"Xúntame setenta homes de entre os anciáns de Israel, dos que ti saibas que son anciáns do pobo e conselleiros. Lévaos diante da Tenda do Encontro, e que estean contigo.


Estes son os nomes dos varóns que enviou Moisés a explorar o país. E Moisés a Hoxeas, fillo de Nun, cambioulle o nome polo de Xosué.


Enviounos, pois, Moisés desde o deserto de Parán, segundo a orde do Señor. Todos eles eran xefes entre os fillos de Israel.


Así fixeron vosos pais cando eu os mandei desde Cadex-Barnea a explorar o país.


Colleredes, ademais, un príncipe por cada unha das tribos para facer as partillas das herdanzas da terra.


Logo eu escollín para pór á fronte das vosas tribos homes de experiencia e instruídos, e púxenos á vosa fronte: xefes de mil, xefes de cento, xefes de cincuenta e xefes de dez, para cada unha das vosas tribos.


E cando o Señor vos mandou saír de Cadex Barnea, dicíndovos: Subide e tomade posesión da terra que eu vos entreguei, vós rebelástesvos contra a orde da boca do Señor, voso Deus; non vos fiastes del nin lle fixestes caso á súa voz.


(e agora, escollede doce homes de entre as tribos de Israel, un por tribo),


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan