Vou baixar e libralos do poder dos exipcios, e levalos desta terra a unha terra boa e largacía, terra que deita leite e mel, ós lugares dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.
Fareinas pastar en bos pasteiros, e nos montes do alto Israel estarán as súas praderías, acougarán alí en boas camposas e pastarán en pasteiros fértiles nos montes de Israel.