Entón todos vós presentástesvos diante miña e dixestes: É mellor que mandemos uns homes diante de nós para que nos exploren o terreo e nos informen do camiño por onde temos que subir e das cidades que temos que tomar.
E cando o Señor vos mandou saír de Cadex Barnea, dicíndovos: Subide e tomade posesión da terra que eu vos entreguei, vós rebelástesvos contra a orde da boca do Señor, voso Deus; non vos fiastes del nin lle fixestes caso á súa voz.
Eu tiña xa corenta anos cando Moisés, o servo de Deus, me enviou desde Cadex—Barnea a percorrer o país, e, en volvendo, deille novas de acordo co meu corazón.
Xosué, fillo de Nun, enviou ás caladas desde Xitim a dous militares de a pé, dicíndolles: —"Ide ver o país, a Xericó". Eles foron e chegaron a casa dunha rameira chamada Rahab, e pararon alí.