Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 12:8 - Biblia SEPT

8 Cara a cara falo con el, en visión directa e non por enigmas, e contempla a figura do Señor. Como non temestes vós falar contra o meu servo, contra Moisés?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 12:8
39 Iomraidhean Croise  

Preguntoulle Xacob: —"Dime agora o teu nome". El dixo: —"Por que preguntas polo meu nome?" E deulle alí mesmo a bendición.


Mais eu verei con felicidade a túa presenza, ó espertar, saciareime de verte.


Vou falar con sabedoría, matinar con intelixencia.


O son da trompeta facíase máis forte, mentres Moisés falaba e Deus respondíalle polo trebón.


Non farás para ti imaxes nin figura ningunha do que hai enriba no ceo, nin abaixo na terra, nin nas augas de debaixo da terra.


O Señor falaba con Moisés cara a cara, coma un home co seu amigo. Despois Moisés volvía para o campamento; pero o seu servidor Xosué, fillo de Nun, non se ía da Tenda.


O Señor respondeulle: —"Farei pasar diante de ti todo o meu ben e pronunciarei diante de ti o nome do Señor, pois fago favores a quen quero e mostro misericordia con quen quero".


Cando retire a miña man, poderás verme polas costas, pero non poderás ver a miña cara".


O veren que a pel da cara lle brillaba, Aharón e os israelitas tiñan medo de aproximarse a Moisés.


para dar co senso dun refrán ou dun dito agudo, das sentencias dos sabios e das adiviñas.


Con quen asemellaredes a Deus? Que semellanza lle buscaredes?


A quen me igualaredes e compararedes? A quen me asemellaredes coma a un igual?


Fillo de Adam propón un enigma, imaxina unha parábola para a casa de Israel,


Xacob fuxiu ó campo de Siria, e Israel serviu coma servo por causa dunha muller, e por unha muller gardou rabaños.


e dixéronllelo ós habitantes desta terra. Eles oíron que Ti, Señor, estás no medio do teu pobo e te deixas ver cara a cara; que a túa Nube se mantén coma unha columna sobre eles, e nela marchas diante durante o día e en columna de lume pola noite.


Cando Moisés entraba na Tenda do Encontro para falar con Deus, escoitaba a voz que lle falaba desde o propiciatorio, que estaba sobre a Arca do Testemuño, entre os dous querubíns: faláballe desde alí.


De xeito que se cumprise o que dixera o profeta: Abrirei a miña boca para dicir parábolas, proclamarei cousas escondidas desde que o mundo é mundo.


Quen vos escoita a vós, escóitame a min, e quen vos rexeita a vós, rexéitame a min; pero o que me rexeita a min, rexeita a quen me mandou.


A Deus ninguén o viu; o Unixénito, que está no seo do Pai, foi quen nolo revelou.


Xa non vos chamo servos, que o servo non sabe o que fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que lle oín a meu Pai déivolo a coñecer.


Se non fixese entre eles as obras que ningún outro fixo, non terían pecado; mais agora víronas, e aborrecéronme a min e a meu Pai;


Igual—mente: agora vemos nun espello, escuramente; pero daquela habemos ver cara a cara. Agora coñezo dun modo incompleto; pero daquela hei coñecer tan ben coma Deus me coñece a min.


E nós todos, coa cara descuberta, reflectindo coma nun espello a gloria do Señor, a súa imaxe, ímonos transformando de gloria en gloria, pola acción do Espírito do Señor.


A un profeta coma min farao xurdir o Señor, o teu Deus, no medio de ti, de entre os teus irmáns. Facédelle caso,


Nunca máis volveu xurdir un profeta en Israel semellante a Moisés, con quen o Señor tratase cara a cara.


Tende moito coidado con vós mesmos, que, o día que o Señor vos falou no Horeb desde o medio da lumarada, non vistes ningunha figura.


Non farás para ti imaxe esculpida, que represente nada do que hai arriba no ceo, nin abaixo na terra, nin na auga de debaixo da terra.


El é a imaxe do Deus invisible, de toda criatura el é o primeiro nacido,


Por iso, quen rexeita estas instrucións, non rexeita a un home senón a Deus, que é quen vos dá o seu Espírito Santo.


O único que ten a inmortalidade e que habita nunha luz inaccesible. A El ningún home o viu nin o pode ver. A El a honra e o poder eterno. Amén.


En moitas ocasións e de moitos xeitos veulles falando Deus en tempos pasados ós nosos devanceiros por medio dos profetas.


El é reflexo da súa gloria e imaxe do seu ser, El sostén todas as cousas coa súa poderosa palabra e, despois de realizar a purificación dos pecados, sentouse á destra da Maxestade nas alturas,


maiormente os que van tras dos desexos impuros da carne e os que desprezan a autoridade do Señor. Ousados, pagados de si, destemidos, maldicen os Seres Gloriosos,


Pois estes, igual: deixándose levar das súas matinacións, lixan a carne, aldraxan o Señorío e maldín os Seres Gloriosos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan